Annie Au Wing Chi (chinés tradicional: 歐詠芝; pinyin: Oū Yǒngzhī), nada en Hong Kong o 9 de febreiro de 1989 e coñecida como Annie Au, é unha antiga xogadora profesional de squash que representou a Hong Kong.
Traxectoria Annie é unha xogadora manicha que causou unha grande impresión xa como júnior. Non só gañou títulos do British Junior Open senón que chegou á final do Asian Junior e foi membro do equipo de Hong Kong que gañou o mundial júnior. Comezou a xogar ao squash na escola con trece anos, so a influencia do seu irmán máis novo Leo Au, a través do esquema de promoción e entrou no Instituto de Deportes de Hong Kong. A partir de 2001 adestrouna o seleccionador nacional Faheem Khan . En 2011 graduouse na Escola de Administración de Empresas da Universidade Politécnica de Hong Kong. Foi oito veces campioa de Hong Kong nos anos 2009, 2011, 2012, 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019.
Nos Xogos Asiáticos de 2010 logrou a medalla de prata individual, logo de perder con Nicol David como por equipos, tamén tras bater Malaisia a Hong Kong. Na edición 2014 fíxose coa medalla de bronce, tanto en individual como por equipos, e en 2018 foi unha das integrantes do equipo de Hong Kong que logrou a medalla de ouro tras derrotar á India.
En maio de 2012 Au acadou o posto 6º do mundo Player Profile at SquashInfo. En 2016 formou parte do equipo de Hong Kong que gañou a medalla de bronce no Campionato do Mundo Feminino de Squash por equipos de 2016 en Francia . En 2017 derrotou á gran favorita, Nicol David, na segunda rolda do US Open logo de 23 enfrontamentos entre elas . En 2018 volveu formar parte do equipo de Hong Kong que gañou a medalla de bronce no Campionato Mundial de Squash por Equipos Feminino . Au retirouse en 2020 e entrou a formar parte do corpo da policía . Véxase tamén Ligazóns externas Encontro entre Au e Nicol no US Open de 2017 Notas
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados en Hong Kong Categoría:Xogadores de squash de Hong Kong