O home das bubas e un ser mitolóxico repugnante, coñecido na comarca de Verín, que persegue as pastoras novas ata cansalas e anda como os trasnos, polos tellados dos muíños.

Características

É un home salvaxe, errante, unha especie de sátiro, pero realmente é inofensivo.

Din as mozas que chegaron a velo que se trata dun home ben vestido, elegante, con camisa branca e apoiado nun bastón groso. Mirábaas e corría tras elas pero nunca lles fixo mal ningún.

Na cultura popular Ten semellanzas co busgoso, o rabeno (ou marelo) ou o Meco.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Mitoloxía galega

Categoría:Mitoloxía galega