Diana Alexandra Aguavil Calazacón, nada o 7 de agosto de 1983,Diana Aguavil busca unidad de la nacionalidad Tsáchila é unha líder indíxena ecuatoriana. Dende o 25 de agosto de 2018 é a primeira gobernadora feminina do pobo tsáchila, após 104 anos de administracións exclusivamente lideradas por homes e logo de gañar as eleccións tsáchila de 2018. Foi tamén a segunda muller en ser candidata a este posto.Diana Aguavil es posesionada como la primera gobernadora de la nacionalidad Tsáchila Diana Aguavil, la primera gobernadora de la Nacionalidad Tsáchila Diana Aguavil Calazacón busca gobernar la nacionalidad Tsáchila
Traxectoria Filla do exgobernador tsáchila Héctor Aguavil, asasinado en febreiro de 2018, estudaba o primeiro semestre de Parvularia do "Instituto Japón" cando se presentou como líder do grupo indíxena. Antes fixera nove semestres na Universidade UTE en Hotelaría e Turismo. Nas eleccións de agosto de 2018, recibiu máis votos ca os seus dous contrincantes e a súa vitoria foi recoñecida polo Consello Nacional Electoral do estado ecuatoriano. Sucedeu a Javier Aguavil.
En abril de 2019, a Asemblea Nacional de Ecuador condecorouna cun recoñecemento ao mérito social polo cargo obtido, e ademais recibiu un Acordo Lexislativo no cal se exalta a súa valía e traballo e se recoñece a súa invariable disposición e entrega a prol do colectivo fronte ao individuo. Este premio entregouse no marco da tradicional festa do Kasama, que enxalza os valores identitarios do pobo tsáchila.
É membro do partido político Alianza Tsáchila. Ten unha filla.
Notas
Categoría:Nados en 1983 Categoría:Pobo tsáchila Categoría:Políticos de Ecuador Categoría:Indixenistas de América Categoría:Mulleres líderes indíxenas