A tempada 2009-2010 da Naisten SM-sarja foi a 29ª edición da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia. A liga comezou o sábado 11 de setembro de 2010 e concluíu o 6 de marzo de 2011. Pola súa banda os play-offs comezaron o 8 de marzo de 2011 e finalizaron o 29 de marzo coa disputa do terceiro partido das finais. Nesta edición participaron un total de nove equipos.
Ao finalizar a tempada o HPK alzou gañou o primeiro campionato da súa historia logo de derrotar nas finais (3-0) ao Ilves, que defendía o título conquistado na tempada precedente. Pola súa banda as Kärpät conseguiron a medalla de bronce logo de derrotar ás Blues en Espoo (2-4).
Nesta tempada da máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés entregouse por primeira vez a Aurora Borealis Malja, que substituíu a Sammon Malja como trofeo ao equipo campión de Finlandia en categoría feminina.
Movementos na liga Expansión a Kuortane
Nesta tempada a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo anunciou a incorporación dun novo equipo na máxima categoría do hóckey feminino finlandés con base na localidade de Kuortane, na rexión de Ostrobotnia do Sur, como proxecto para desenvolver o hóckey feminino do país nórdico..
A chegada do equipo á máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés provocou a expansión da liga de oito a nove equipos, dos cales o daquela denominado Team Oriflame foi o equipo máis novo, cun elenco de xogadoras nadas a maioría en 1994 e procedente de pequenas vilas de Finlandia. Jari Risku foi nomeado adestrador xefe do equipo para a tempada do seu debut.
Introdución da Aurora Borealis Malja
Nesta tempada introduciuse a Aurora Borealis Malja como trofeo entregado ao equipo gañador en substitución da Sammon Malja.Panel de descrición do obxecto na exposición do Museo finlandés do hóckey sobre xeo no verán de 2022 (consultado o 10 de xullo de 2022). O trofeo foi doado á Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo polo daquela embaixador do Canadá en Finlandia, Christopher Shapardanov, e os fondos para a súa adquisición procederon principalmente de doazóns da comunidade finlandesa do Canadá. A Aurora Borealis Malja foi entregada a Federación Finlandesa, representada polo seu presidente Kalervo Kummola e o director executivo Matti Nurminen, o 21 de marzo de 2011 no Helsingin jäähalli de Helsinqui.
Mudanzas nos corpos técnicos A principios de xullo Mika Väärälä incorporouse ao corpo técnico do equipo de Jyväskylä como adestrador xefe logo de coñecer o posto vacante e poñerse en contacto co club. Väärälä viña de traballar para a Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo como adestrador dos equipos de rapazas nos eventos da federación, onde comezou a seguir e a interesarse polo hóckey sobre xeo feminino.
No HPK Jarkko Julkunen substituíu a Toni Kettunen no banco do equipo de Hämeenlinna, que na tempada precedente conseguira a medalla de bronce.
Estrutura da competición A tempada 2010-11 da Naisten SM-sarja dividiuse en tres fases:
A rolda preliminar, disputada entre os meses de setembro e novembro, constou de nove equipos que xogaron todos contra todos a dobre volta, co que cada un xogou un total de 16 partidos. Esta fase comezou o 11 de setembro e finalizou o 28 de novembro. Os seis mellores equipos da rolda preliminar clasificáronse para a liga regular, disputada igualmente a dobre volta todos contra todos, e contando para a clasificación os rexistros da primeira fase de competición. Pola súa banda, os tres equipos peor clasificados da liga regular disputaron a serie de clasificación contra os tres mellores equipos da I-divisioona, en formato de liga a tripla volta, disputando un total de 15 partidos, e os dous equipos mellor clasificados xogaron a tempada seguinte na máxima categoría. Todos os equipos que disputaron a liga regular clasificáronse para os play-offs. Os dous primeiros da táboa clasificáronse directamente para as semifinais, mentres que os catro equipos restantes disputaron as series de cuartos de final: o 3º contra o 6º e o 4º contra o 5º. Os ganadores dos cuartos pasaron ás semifinais, de xeito que o equipo peor clasificados se enfrontou ao mellor clasificado. Os dous equipos que superaron as semifinais enfrontáronse nas finais. Todas as series disputáronse ao mellor de cinco encontros, con vantaxe de campo para o equipo mellor clasificado na liga regular, agás a disputa da medalla de bronce, que se xogou a partido único.
Equipos participantes Na tempada 2010-11 tomaron parte na competición un total de nove equipos. Por rexións, a única que contou con máis dun representante foi as rexión de Uusimaa, con dous (Blues e LoKV), o resto de equipos eran das rexións de Finlandia Central, Finlandia Propia, Ostrobotnia do Sur, Ostrobotnia do Norte, Savonia do Norte, Tavastia Propia e Pirkanmaa. Seis dos equipos participantes compartían os seus nomes con equipos profesionais masculinos da Liiga (Blues, HPK, Ilves, JYP, KalPa e Kärpät).
NomeCidadeAdestrador/aCapitáBlues12px EspooSami HaapanenHPK12px HämeenlinnaJarkko JulkunenIlves12px TampereSamuli MarjetaJYP12px JyväskyläMika VääräläKalPa12px KuopioJari SavolainenLoKV12px LohjaKärpät12px OuluSeppo KarjalainenSalo HT12px SaloTeam Kuortane12px KuortaneJari Risku
Rolda preliminar A liga comezou o 11 de setembro de 2010 coa disputa de catro partidos. Un dos enfrontamentos máis salientados da xornada inaugural enfrontou no Tesoman jäähalli de Tampere aos dous finalistas da tempada anterior, o Ilves (campioas) e as Blues (subcampioas), nun partido que se decidiu a favor das de Espoo grazas a un gol de Pia Lund no minuto 51:27 (5-6). Tamén na xornada inaugural o recentemente creado Team Oriflame caeu no seu debut fronte o JYP. O equipo de Kuortane foi de feito o último dos nove equipos que tomaron parte na competición en estrear o seu marcador de puntos, xa que non conseguiu puntuar nos catro partidos que disputara ata o 19 de setembro, cando o equipo escolar caeu nos shootouts fronte o Salo HT na casa, e de feito, a primeira vitoria da historia do equipo non chegou na liga, senón nun encontro internacional que o enfrontou á selección sub-18 de Noruega o 14 de outubro de 2010 por oito goles a un.
O 1 de outubro de 2010 anunciouse que Linda Välimäki, que permanecera fóra das pistas no inicio da tempada, fichara polas Espoo Blues. O 3 de outubro as Kärpät e o LoKV protagonizaron a quenda de shootouts máis longa da tempada, que só se decidiu logo de realizar 16 lanzamentos.
O HPK protagonizou un inicio de competición espectacular con sete vitorias consecutivas nos 60 minutos regulamentarios que fixeron que o equipo de Hämeenlinna sumara de tres en tres ata o seu oitavo partido, que as xogadoras do Team Oriflame conseguiron levar á prórroga, o que supuxo que o HPK só puidera sumar dous puntos pola vitoria. A primeira derrota do HPK chegou o 27 de outubro a mans das Blues (2-0) en Laaksolahti, o que reduciu a dous puntos a distancia entre o equipo de Espoo e o de Hämeenlinna.
Na derradeira fin de semana da rolda preliminar o Salo HT e o Team Oriflame aspiraban a conseguir a súa primeira vitoria chegou a primeira e unha única vitoria nos 60 minutos regulamentarios. As xogadoras de Salo conseguiron bater no penúltimo partido ás de Kuortane, deixando a clasificación sentenciada a falta da última xornada. Pola súa banda, o Team Oriflame divo que esperar ata o derradeiro partido, que gañou (1-4) ao LoKV en Lohja. A vitoria das de Kuortane non supuxo ningunha mudanza na parte baixa da clasificación e o LoKV, o Salo HT, ademais das propias xogadoras do Team Oriflame tiveron que disputar a serie de clasificación para manter a categoría fronte aos equipos dos Pelicans 2000, o K-Oulu e o IHK. Na parte alta da clasificación, as Blues conseguiron finalizar na primeira posición logo de gañar na prórroga ao KalPa, o que lles permitiu sumar un punto máis que o HPK, que gañou con autoridade ao Salo HT (0-6).
Clasificación Fonte: Leijonat.fi
Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts1Blues 16 13 1 0 2 83 31 +52 412HPK 16 12 2 0 2 81 19 +62 403Ilves 16 9 1 1 5 61 36 +25 304Kärpät 16 7 2 1 6 65 52 +13 265JYP 16 7 2 1 6 41 41 0 266KalPa 16 7 1 2 6 43 44 -1 257LoKV 16 5 0 2 9 32 60 -28 178Salo HT 16 1 1 1 13 17 85 -68 69Team Oriflame 16 1 0 2 13 22 77 -55 5
Liga regular O 11 de decembro, dúas semanas despois de finalizar a rolda preliminar, seis mellores equipos da rolda preliminar comezaron a liga regular, na que se contabilizaron os puntos que os equipos conseguiron na fase previa, polo que as Blues comezaron na parte alta da clasificación.
Os partidos máis interesante da primeira fin de semana da liga regular foron os do dobre enfrontamento entre ás Blues fronte as xogadoras do HPK, primeiras e segundas clasificadas respectivamente na fase preliminar e no que ambos equipos se xogaron o liderado. A primeira fin de semana foi ademais a única na que se disputou a liga regular antes do Nadal, cando a liga parou durante máis dun mes antes de reanudarse o 22 de xaneiro de 2011.
A clasificación apertouse xa despois da primeira fin de semana, cando o dobre enfrontamento entre os dous primeiros clasificados saldouse cunha vitoria para cada un dos equipos, as Kärpät gañaron os seus dous encontros, un deles fronte o Ilves, que partía con tan só catro puntos de vantaxe sobre as xogadoras de Oulu, o que deu como resultado que entre as primeiras clasificadas só houbera un punto de vantaxe a favor das xogadoras de Espoo, e entre as terceiras e cuartas houbera a mesma diferenza. A figura de Anne Helin (Kärpät) salientou nesta primeira fin de semana logo de conseguir 10 puntos (7 goles + 3 asistencias), participando nos oito goles do seu equipo na xornada do domingo fronte o JYP (8-1), o que lle valeu para situarse como líder da clasificación de puntuadoras da liga regular.
Antes de retomarse a competición para todos os equipos, o 15 de xaneiro de 2011 enfrontáronse as Blues e as Ilves, nun partido no que as vixentes campioas precisaban a vitoria para recortar algún dos 11 puntos de vantaxe no liderado que tiñan as de Espoo, o que conseguiu logo de derrotalas por 3-0 nun partido no que a súa porteira Viivi Vartia conseguiu un shutout e no que as xogadoras de Tampere dominaron obrigando á porteira de Espoo Isabella Portnoj a deter 46 disparos. A vitoria do Ilves deixou ás de Tampere a oito puntos do liderado e a sete das segundas clasificadas (HPK).
Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts1 HPK 26 20 2 0 4 122 32 +90 262 Blues 26 19 1 0 6 105 56 +49 593 Ilves 26 16 1 1 8 101 49 +52 514 Kärpät 26 10 3 2 11 94 84 +10 385 KalPa 26 9 2 3 12 62 95 -33 346 JYP 26 9 2 1 14 56 73 -17 32
Líderes de anotación XogadoraEquipo1Anne HelinKärpät20351651552Emma LaaksonenBlues2592938161Annina RajahuhtaHPK23172037121Pia LundBlues25142236221Sari KärnäIlves2515203514
Play-offs
Equipo campión O equipo do HPK que conquistou o campionato finlandés feminino en 2011 estivo integrado polas seguintes xogadoras:
HPK Porteiras: Maija Hassinen, Vilma Vaattovaara
Patinadoras: Annina Rajahuhta, Riikka Noronen, Eveliina Similä, Fanny Jalonen, Anne Tuomanen, Susanna Niemelä, Sanna Lankosaari, Nora Liikanen, Mira Huhta, Tea Villilä, Elisa Rytkönen, Venla Hovi, Katja Riipi, Jutta Stoltenberg, Hanna Honkonen, Katja Nurmesniemi, Julia Rouru, Ella Pietikäinen, Salla Rantanen, Viivi Vaattovaara, Janna Jokinen </div>
Serie de clasificación O 11 de decembro os tres peores equipos da rolda preliminar comezaron a serie de clasificación contra os tres mellores equipos da segunda categoría: IHK, Kiekko-Oulu e Pelicans 2000.
Pos. Equipo PX V OTW OTL D GF GC DG Pts1Team Oriflame 15 11 0 1 3 75 30 +45 342LoKV 15 11 0 0 4 70 31 +39 333Salo HT 15 10 1 1 3 52 22 +30 334IHK 15 8 1 0 6 72 31 +41 265Kiekko-Oulu 15 2 0 0 13 30 108 -78 66Pelicans 2000 15 1 0 0 14 16 93 -77 3
Premios Trofeo Riikka Nieminen á mellor xogadora: Anne Helin (Kärpät) Trofeo Tuula Puputti á mellor porteira: Maija Hassinen (HPK)