O Estadio Municipal Nuevo Pepico Amat é un estadio multiusos situado en Elda, na provincia de Alacant. Cunha capacidade para 3.025 espectadores, úsase principalmente para partidos de fútbol, xogando nel como local o CD Eldense.

Historia esquerda|miniatura|180x180px| A entrada do estadio en febreiro de 2011 No ano 2011 o Concello de Elda iniciou as obras de construción dun novo estadio a 300 metros do Estadio Municipal Pepico Amat, coa intención de converter o recinto do antigo estadio nun centro comercial. O custo do novo estadio alcanzou os 4,5 millóns de euros, e foi bautizado como "Nuevo Pepico Amat". O CD Eldense, xogou o seu último partido no "vello" Pepico Amat o 29 de agosto de 2012, nun empate sen goles contra o Orihuela CF.

O novo estadio inaugurouse o 30 de setembro de 2012, cun partido entre o Eldense e o CF Borriol, correspondente á Terceira División. Construído inicialmente con céspede artificial e clasificado como estadio de 2 estrelas pola UEFA, o campo pasou a ser de herba natural en agosto de 2021.

O estadio leva o nome de Pepico Amat, antigo futbolista e adestrador nacido na cidade, que ademais de xogar e adestrar no Eldense, militou na Primeira División nas filas do Espanyol.

Notas

Categoría:CD Eldense Categoría:Estadios de fútbol da Comunidade Valenciana Categoría:Wikipedia:Artigos con coordenadas en Wikidata