Evernia prunastri é un lique fruticular. Atópase en bosques temperados de montañas no hemisferio norte, incluíndo Francia, Portugal, España, América do Norte e a maior parte de Europa Central . Medra principalmente no tronco e nas pólas dos carballos, pero tamén se atopa con frecuencia na cortiza doutras árbores de folla caduca e coníferas como o abeto e o piñeiro .
Medra na cortiza formando grandes matogueiras. O talo é curto, plano, frondoso e moi ramificado; lembra a forma dun corno de cervo . A cor varía de verde ou branco verdoso cando está seca a verde oliva ou verde amarelado cando está mollada. A textura é áspera cando está seca e gomosa cando está mollada. Úsase amplamente en perfumaría, sendo colleitado comercialmente en países do centro e sur de Europa e normalmente exportado á rexión francesa de Grasse, onde se obteñen os compostos aromáticos como extractos e esencias.
Estes materiais puros úsanse con frecuencia como fixadores e forman as notas base de moitas fragrancias. Son tamén compoñentes clave en perfumes das clases Fougère e chipre. O lique ten un cheiro complexo e distinto que pode describirse como leñoso, intenso e lixeiramente doce. O lique que medra sobre piñeiros ten un pronunciado cheiro a trementina moi valioso en certas composicións de perfumaría.
Información sanitaria e de seguridade As persoas con sensibilidade dérmica demostrada deben evitar o contacto co lique.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Usnea
Categoría:Liques Categoría:Fungos de Galicia