O Movemento Libertario (MLE) foi unha organización anarcosindicalista española. Foi fundada o 26 de febreiro de 1939, ao final da Guerra civil española, pola Confederación Nacional do Traballo (CNT), a Federación Anarquista Ibérica (FAI) e a Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL). O seu obxectivo era desenvolver unha actividade conxunta clandestina no interior de España, baixo a ditadura de Francisco Franco, e legal no exilio, onde se ocupou dos miles de refuxiados anarcosindicalistas que había en Francia. O consello nacional do MLE instalouse en París. Germinal Esgleas ocupou a secretaría xeral tras a morte de Mariano Rodríguez Vázquez o 18 de xuño de 1939.
Historia
Nacemento O 26 de febreiro de 1939, tras a caída de Cataluña, a CNT, a FAI e a FIJL constituíron en Francia o Movemento Libertario, A partir de entón as tres organizacións anarquistas actuaron conxuntamente, en especial canto á asistencia aos miles de refuxiados anarcosindicalistas que alí se atopaban. A iniciativa partira dun pleno dos comités rexionais do tres compoñentes.Heine (1983), p. 52 Con todo, os anarquistas que seguían a combater na zona Centro-Levante denunciaron que no consello nacional do Movemento Libertario só estaban representados os anarquistas cataláns e aragoneses, e, sobre todo, que estaba dominado por quen se opuñan ao «colaboracionismo» —sector partidario de seguir participando nas institucións republicanas—, paradoxalmente encabezado por anarquistas que até entón tiveran cargos no Estado ou na Generalitat de Catalunya, como Germinal Esgleas, Federica Montseny, Francisco Isgleas e Valerio Mas.Heine (1983), pp. 56-57 Esta liña crítica co «colaboracionismo» (tamén chamada «apolítica») que dominaba o consello nacional do Movemento Libertario viuse reforzada coa dimisión de Horacio Martínez Prieto, defensor do «colaboracionismo» ou «reformismo», e a morte de Mariano Rodríguez Vázquez, cuxo cargo de secretario xeral foi ocupado por Esgleas.
O resto de membros do consello nacional eran Germinal de Souza, Pedro Herrera Camarero, Roberto Alfonso, Juan Gallego Crespo, Rafael Iñigo, Serafín Alaga, José Xena, Juan Rueda Ortiz e Joan García Oliver. Algúns deles emigraron a América e outros seguiron encerrados nos campos de refuxiados franceses ou alistáronse en unidades auxiliares do Exército francés.Heine (1983), p. 58
Actividade clandestina e represión A primeira actividade clandestina do Movemento Libertario desenvolveuna a FIJL en Madrid durante as primeiras semanas da posguerra. Un dos seus membros, de apelido Escobar, infiltrouse na II Bandeira de Falanxe da Puente de Vallecas. Conseguiu impresos de certificados de boa conduta e de declaracións de pertencer á «quinta columna», que enchidos cos nomes pertinentes permitiron a liberación de varios anarquistas do campo de concentración de Albatera.Heine (1983), p. 53 Unha das persoas que recobrou a liberdade grazas a estes documentos foi Esteban Pallarols, quen inmediatamente se puxo en contacto con tres dirixentes libertarios esconderan en Valencia: José Cervera Bermell, Luís Úbeda Canero e Leoncio Sánchez Cardete. Eles catro constituíron o comité nacional do interior do Movemento Libertario.
A súa primeira actividade foi falsificar documentos que permitiron liberar máis presos libertarios do campo de Albatera e doutros campos de Valencia. Estes foron trasladados rapidamente a Barcelona e de alí a Francia. Para encubrir as viaxes creouse a empresa tapadeira Frutera Levantina, oficialmente dedicada ao transporte de froita desde Valencia a outras partes de España. A tarefa de crear enlaces en Cataluña e no sur de Francia encomendoulla a Génesis López e Manuel Salas, ambos recentemente liberados do campo de Albatera, quen contactaron en Nîmes con dirixentes do Movemento Libertario. Posteriormente, López foi conducido a París, onde se entrevistou co secretario xeral do consello nacional, Germinal Esgleas, Federica Montseny e outros libertarios. Pero López conseguiu unha cantidade insuficiente de diñeiro, 10 000 francos, que unicamente serviu para financiar o pase a Francia de 15 persoas.Heine (1983), pp. 53-55
Cando López volveu a Barcelona soubo que a Policía franquista detivera en Valencia a Pallarols e a outros compañeiros. Once dos detidos foron xulgados anos máis tarde e condenados a longas penas de prisión. Nunha causa separada, Pallarols foi condenado a 18 anos de cárcere. Volveu ser xulgado, esta vez duns supostos crimes anteriores, e foi condenado a morte e fusilado o 18 de xullo de 1943. Tras a detención de Pallarols formouse un novo comité nacional do interior encabezado por Manuel López López, aínda que dimitiu ao pouco tempo por mor da tuberculose que contraera durante a súa estadía no campo de Albatera. Foi substituído por Celedonio Pérez Bernardo.Heine (1983), p. 59 A Policía tamén logrou acabar con parte do grupo de Madrid da FIJL. Contra finais de febreiro de 1940 foron detidos 33 dos seus compoñentes e desmantelados os depósitos de armas. O mozo Escobar foi entregado á II Bandeira de Falanxe. Os seus membros levárono a un descampado das aforas onde o aforcaron. Salvouse porque un campesiño cortou a soga despois de que os falanxistas marchasen crendo que estaba morto.
A principios de 1941 foi detido Celedonio Pérez Bernardo, xulgado en setembro do ano seguinte e condenado a 30 anos de cárcere. Substituíuno Manuel Amil Barcia, pero este, axexado pola Policía, tivo que abandonar Madrid e refuxiarse en Andalucía. Así, as funcións do comité nacional foron asumidas pola organización de Madrid, que encabezaba Eusebio Azañedo. Este entrou en contacto coa CNT de Valencia, que se reorganizara, e coa de CNT de Cataluña. Porén, a situación desta última era menos brillante e bastante confusa, debido á existencia de dous comités rexionais. O maioritario era de carácter anarcosindicalista, mentres que o minoritario era partidario de cinguirse ás actividades sindicais (que non excluían a participación na central sindical do réxime). Integrado por antigos militantes do Partido Sindicalista, formaba parte del Eliseo Melis, sospeitoso de ser confidente da policia. Precisamente, a información que proporcionou Melis á Policía conduciu á detención de Azañedo en Madrid no verán de 1943, polo que Amil volveu á capital para facerse cargo de novo da secretaría xeral do comité nacional. Foi referendado nunha reunión clandestina que se celebrou nos arredores de Madrid, e na que Gregorio Gallego foi elixido o primeiro secretario xeral das FIJL desde o final da guerra.Heine (1983), pp. 237-242 Durante a década de 1940, Sigfrido Catalán, Ramón Rufat e José Expósito Leiva, principais encargados de organizar a resistencia interna, a propaganda e as exfiltraciones, foron arrestados ou executados de xeito periódico.
Integración na Alianza Nacional de Forzas Democráticas (ANFD)
Os libertarios rexeitaron rotundamente a proposta do Partido Comunista de España de integrárense na Unión Nacional Española. Isto facilitou o achegamento ao PSOE, que tamén se opuña á hexemonía que pretendía impor o PCE. Así, no outono de 1943 representantes do Movemento Libertario e do PSOE iniciaron as conversas destinadas a crearen un organismo unitario da esquerda non comunista que estivese aberto a outras forzas antifranquistas de centro. En febreiro de 1944 un pleno dos comités rexionais da CNT, a organización principal do Movemento Libertario, apoiou as conversas ao aprobar manter a «posición colaboracionista».Heine (1983), pp. 244-246
Ás conversacións entre PSOE e libertarios sumáronse políticos republicanos de Izquierda Republicana, Unión Republicana e o Partido Republicano Federal integrados no chamado Comité Nacional Republicano, fundado e encabezado por Rafael Sánchez-Guerra e Régulo Martínez Sánchez. O acordo entre as tres partes alcanzouse en xuño de 1944, aínda que non se fixo público até outubro. No manifesto fundacional da chamada Alianza Nacional de Forzas Democráticas (ANFD), o «accidentalismo» dos libertarios sobre a forma de goberno —cando non o aberto rexeitamento á República que os perseguira tan duramente, ao seu parecer— resolveuse recorrendo á expresión «orde republicana» para referirse á Segunda República.Heine (1983), pp. 247-248; 249-250. Para dirixir a ANFD creouse un consello nacional presidido polo republicano Régulo Martínez, que había poucos meses que saíra do cárcere, e do que tamén formaban parte o socialista Juan Gómez Egido e o libertario Sigfrido Catalá.Heine (1983), p. 249miniatura|250x250px|Joan García Oliver, líder do sector «colaboracionista» do Movemento Libertario, cando foi ministro de Xustiza do Goberno de Largo Caballero durante a Guerra CivilNos últimos meses de 1944 os tres membros do comité nacional da ANFD iniciaron negociacións cos xenerais monárquicos Antonio Aranda, Alfredo Kindelán, Andrés Saliquet e Alfonso de Orleans e Borbón. Nelas trataron sobre o tipo de réxime que substituiría o franquismo, xa que estaban convencidos de que non sobreviviría a inminente vitoria aliada.Heine (1983), pp. 250-251, 288 Os xenerais pretendían que as forzas representadas na ANFD aceptasen a restauración da monarquía sen pasar por fórmulas intermedias e sen que houbese un referendo sobre a forma de goberno. Era algo que os libertarios poderían asumir, mais non os republicanos e os socialistas, o que truncou as negociacións.
Con todo, o fracaso final das mesmas debeuse, sobre todo, á onda de detencións que levou a cabo a policía franquista a finais de 1944 e principios de 1945. Na noite do 21 ao 22 de decembro foron detidos o presidente Régulo Martínez e outros membros do comité directivo da ANFD e do Comité Nacional Republicano, así como destacados monárquicos que mantiveran contactos con aqueles. En marzo de 1945 foron detidos Sigfrido Catalá, representante libertario na xunta da ANFD, e outros membros do comité nacional do Movemento Libertario. Case ao mesmo tempo caeu toda a executiva do PSOE do interior.Heine (1983), pp. 255-291
Con todo, o Movemento Libertario repúxose rapidamente do golpe que supuxo a detención de Sigfrido Catalá. En abril xa se formou un novo comité nacional encabezado por Ramón Rufat Llop e por José Expósito Leiva.Heine (1983), p. 296
Crise e división do Movemento Libertario do exilio O Movemento Libertario do exilio viviu unha grave crise na primavera de 1942. Foi entón cando estalaron as tensións latentes desde o final da guerra entre os «colaboracionistas» de Joan García Oliver e Aurelio Fernández, e os «apolíticos» de Germinal Esgleas e Federica Montseny, que apoiaban o consello nacional con sede en París. Na reunión que mantiveron en México os primeiros presentaron un documento para a súa discusión titulado «Relatorio», pero saíron derrotados. Decidiron entón formar a súa propia organización, unha nova CNT, que contou como órgano de prensa co periódico CNT. O portavoz dos «anticolaboracionistas» foi Solidaridad Obrera.Heine (1983), pp. 123-124
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Anarquismo en España Categoría:Franquismo