miniatura|400px|Secreción merócrina. miniatura|As células de Paneth, localizadas na base das criptas da mucosa do intestino delgado, realizan a secreción merócrina de gránulos citoplásmicos vermellos brillantes. Tinguidura de hematoxilina-eosina. MerócrinoBUSCatermos merócrino, merócrina (ou écrinoBUSCatermos poroma écrino) é un termo usado para clasificar as glándulas exócrinas e as súas secrecións no estudo da histoloxía. Unha célula clasifícase como merócrina se as secrecións que produce son excretadas por exocitose a un ducto con parede epitelial e despois á superficie corporal ao ao lume dalgún órgano.
A merócrina é a forma máis común de secreción. A glándula libera o seu produto sen que se perda ou dane ningunha parte da glándula ou célula (compárese con holócrina e apócrina).
O termo écrino utilízase especialmente para designar as secrecións merócrinas das glándulas sudoríparas (glándulas sudoríparas écrinas),Eccrine and Apocrine Glands Donald J. Baker, M.D., and Warren R. Heymann, M.D. American Academy of Dermatology. Consultado o 18 de abril de 2010 aínda que o termo merócrino adoita utilizarse para elas indistintamente.
Exemplos
Glándulas salivares Glándulas pancreáticas Células de Paneth do intestino Certas glándulas sudoríparas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Diagrama secretor
Categoría:Sistema exócrino