Father and Daughter é unha curtametraxe animada neerlandesa de 2000 escrita e dirixida por Michaël Dudok de Wit. Gañou o Óscar á mellor curtametraxe animada na 73ª edición dos premios.
Sinopse Un pai despídese da súa filla pequena e marcha. Do mesmo xeito que as amplas paisaxes neerlandesas viven as súas estacións, a nena vive as súas. Convértese nunha moza, ten unha familia e, co tempo, faise vella, pero dentro dela sempre hai unha profunda nostalxia polo seu pai. Ao final do filme, no que parece ser unha secuencia de soño, ou quizais a outra vida, reúnense.Internet Archive
Notas
Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes dos Países Baixos Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Michaël Dudok de Wit Categoría:Óscar á mellor curtametraxe animada