Manio Acilio Glabrio (en latín: Manius Acilius M'. f. M'. n. Glabrio) foi un político e xeneral romano, fillo do tribuno da plebe do mesmo nome e de Mucia, filla de Quinto Mucio Escévola; era polo tanto neto do famoso xurista Publio Mucio Escévola, cónsul no 133 a. C.
Traxectoria
Orixe Glabrio pertencía a unha familia plebea cuxos membros se mencionan en fontes que comezan nos últimos anos do século III a. C.
O pai de Glabro foi tribuno da plebe arredor do ano 122 a. C. co mesmo nome, e a súa nai era representante da nobre familia dos Mucios Escévola. Segundo unha versión, esta matrona era filla de Publio Mucio Escévola, cónsul do ano 133 a. C., segundo outra, filla de Quinto Mucio Escévola "Augur", cónsul do ano 117 a. C. . Neste último caso, Glabrio era bisneto de Caio Lelio o Sabio.
Cursus honorum Casou cunha fillastra de Lucio Cornelio Sila, Emilia, filla da súa cuarta esposa, Cecilia Metela, e de Marco Emilio Escauro. Sila obrigou a Glabrio a separarse da súa esposa durante a súa ditadura (81-79 a. C.) para casar a Emilia con Pompeio o Grande, que gañara o seu favor. Emilia estaba embarazada do fillo de Glabrio, pero tanto ela como o seu fillo morreron no parto.
Foi pretor urbano o 70 a. C.Broughton, 1952, p. 127 e, como tal, presidiu un xuízo contra Caio Verres.Smith 1871, p. 328 Foi nomeado cónsul no 67 a. C. xunto con Caio Calpurnio PisónBroughton, 1952, p. 142 e, segundo Dión Casio, promulgaron a Lex Acilia Calpurnia para tratar de erradica-las malas prácticas nas eleccións. No seu consulado foille asignada a provincia da Galia Transalpina e, despois, tamén, a Cisalpina.Broughton, 1952, p. 143
Procónsul O ano seguinte, o 66 a. C., foi nomeado procónsul de Cilicia, á que se lle engadiron as provincias de Bitinia e Ponto.Broughton, 1952, p. 154 En virtude da Lex Gabinia, substituíu a Lucio Licinio Lúculo, que non era quen de controlar a disciplina dos seus soldados, e para asumir o mando da Terceira Guerra Mitridática contra Mitrídates VI do Ponto e Tigranes o Grande de Armenia. Mentres, Glabrio atopou un exército indisciplinado e, pouco despois da súa chegada a Asia, emitiu unha proclamación liberando os soldados da súa lealdade a Lúculo, fomentando así aínda máis a indisciplina entre as tropas e, finalmente, Lúculo deulle o mando das lexións.
Tampouco o inimigo estaba tan preto da derrota como pensaba pois, cando ía camiño ao Ponto, Mitrídates recuperou case todo o seu reino e causou estragos en Capadocia, que estaba aliada con Roma e quedara indefensa. Glabrio decidiu non marchar nin contra o Ponto nin a Capadocia senón permanecer inactivo en Bitinia.Smith 1871, p. 329
Ante a súa inacción, en Roma, o Tribuno da Plebe Caio Manilio conseguiu que o Senado votase unha proposta súa, a lex Manilia, pola que se traspasou o mando da guerra a Pompeio, quen substituíu a Acilio.
Foi membro do Colexio de Pontífices no ano 57 a. C.Broughton, 1952, p. 206 Pouco máis se sabe da súa vida, agás que se declarou a favor da pena de morte no caso da Conspiración de Catilina.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Fontes clásicas
Fontes modernas
Outros artigos
Gens Acilia
Categoría:Cónsules da República romana Categoría:Pretores Categoría:Procónsules de Cilicia Categoría:Nados no século -II Categoría:Finados no século -I