Terry Reid, nado en Huntingdon, Inglaterra, o 13 de novembro de 1949 e finado o 5 de agosto de 2025, foi un cantante e guitarrista inglés. Vocalista principal da banda The Jaywalkers, que en 1966 acompañou os Rolling Stones no concerto que deron no Royal Albert Hall.

Jimmy Page convidou a Terry Reid a ser o cantante principal dun novo grupo que estaba a formar (New Yardbirds), pero Reid rexeitou a invitación porque tiña unha xira programada como abreconcertos de Cream. Os New Yardbirds foron a orixe de Led Zeppelin. Máis tarde tamén foi convidado a ser o cantante principal de Deep Purple e, de novo, debido a que tiña outros compromisos, non aceptou.

Traxectoria Terry Reid foi cualificado por Aretha Franklin como “un dos tres grandes” da escena inglesa xunto aos Rollings e os Beatles e eloxiado por Robert Plant como o mellor intérprete da súa xeración. Aos 17 anos xa abría concertos para The Rolling Stones e, con só 18, editaba os primeiros discos baixo a produción de Mickie Most. En 1968 rexeitou a oferta de Jimmy Page para liderar o proxecto que acabaría sendo Led Zeppelin (recomendou no seu lugar a Plant e John Bonham) e pouco despois declinou substituír a Rod Evans en Deep Purple. A súa carreira persoal seguiu un rumbo propio: desde o soul-rock inicial até o folk-jazz de The River (1973) e o aclamado Seed Of Memory (1976), continuou gravando e colaborando con nomes como Jackson Browne, Bonnie Raitt ou Joe Perry.

Aínda que nunca acadou o éxito comercial dos grupos aos que renunciou, Reid mantivo unha reputación de culto polos seus directos intensos e a súa versatilidade vocal. Após superar unha cirurxía cardíaca en 2022, preparaba dous novos álbums e escribía as memorias que narrarían a súa “formación” na escola de Keith Richards e Keith Moon, proxecto que Johnny Depp agardaba levar ao cine. Tiña previsto dar unha xira europea, mais problemas de saúde derivados dun tratamento contra o cancro obrigárono a cancelala; faleceu o 5 de agosto de 2025, aos 75 anos.

Discografía

Bang, Bang You're Terry Reid (1968) Terry Reid (1969) River (1973) Seed of Memory (1976) Rogue Wave (1979) The Hand Don`t Fit The Glove (1985) The Driver (1991) Super Lungs The Complete Studio Recordings 1966-1969 Silver White Light-Live at the Isle of Wight 1970-2004 Alive (2004)

Filmografía

Wonderland (2003) The Devil's Rejects (2005) Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web oficial MySpace oficial

Categoría:Guitarristas do Reino Unido Categoría:Músicos do Reino Unido Categoría:Nados en 1949 Categoría:Rock Categoría:Rock alternativo Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados en Inglaterra