O tesouro de Ham Green é un tesouro de moedas de prata que datan de entre 1554 e 1662.

O tesouro forma parte da colección dos Museos de Worcestershire e está exposto no edificio The Commandery.Fox, D. (2017). "The Ham Green Coin Hoard". Museums Worcestershire.

Achado Este depósito foi descuberto en 1981 debaixo do chan da despensa dunha vivenda en Ham Green, Worcestershire, Inglaterra. Foi declarado formalmente como tesouro polas autoridades británicas de patrimonio e posteriormente foi adquirido polo Servizo de Museos do Condado de Worcestershire."Ham Green Hoard ". Berloga-workshop.com

Contido O tesouro contén 86 moedas de prata, na súa maioría xilins e moedas de seis peniques, que se atoparon nunha botella de gres vidrado con sal que escachada intencionadamente para permitir o paso das moedas meirandes.

As moedas máis antigas datan de 1554, no reinado de María I (1553-1558), en tanto que as máis recentes datan da primeira parte do reinado de Carlos II (1660-1685). Varias das moedas son falsificacións da década de 1660.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Tesouro

Categoría:Tesouros Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía en Inglaterra Categoría:Moedas da Idade Moderna Categoría:Moedas de prata Categoría:Guerra Civil Inglesa