Antonio Valencia Fernández, nado en Ourense o 26 de agosto de 1891 e finado en México, foi un militar e político galego.
Traxectoria Fillo do farmacéutico Carlos Valencia Pérez. Oficial de carreira, ingresou na academia de Enxeñeiros o 13 de outubro de 1907. Foi promovido a tenente o 24 de xuño de 1913. Obtivo o título de piloto militar o 26 de febreiro de 1915. Foi nomeado comandante o 5 de marzo de 1920. Serviu en Marrocos e Cabo Juby. Pasou ao retiro voluntario o 31 de xullo de 1931. Nestas datas incorporouse á Agrupación Socialista de Madrid.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 reingresou no exército co grao de tenente coronel e encargouse das fortificacións da fronte de Estremadura en outubro de 1936. Incorporouse ao batallón gráfico durante as primeiras semanas da defensa de Madrid. Ata xuño de 1937 asumiu a xefatura dos Servizos Telegráficos Militares das frontes madrileñas. Posteriormente desenvolveu tarefas de organización na Subsecretaría do Exército de Terra e na Inspección xeral de Enxeñeiros. Ascendeu a coronel. Coa derrota da República exiliouse en Francia. Estivo internado no campo de Saint-Cyprien, pasando ao refuxio de Vernet les Bains. O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia rumbo a México, arribando a Veracruz o 13 de xuño. En México traballou de enxeñeiro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Movimientos Migratorios "México enriqueceuse moito coa chegada dos exiliados republicanos"
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México
Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1891
Categoría:Finados en ano descoñecido