Unidade Veciñal de Dodro (UV Dodro ou UVD) é un partido político galego de ámbito local de Dodro creado en 2015 que se define como galeguista e progresista.

Historia Xurdiu a partir dunha xuntanza celebrada en Dodro en xaneiro de 2015 tras decidir os asistentes constituírse como partido para presentarse ás eleccións municipais. Fabián Sanmarco Janeiro, concelleiro do BNG de Dodro e profesor do CPI Os Dices de Rois, foi escollido trala celebración dunha asemblea como candidato á alcaldía polos integrantes da formación, desvinculándose en consecuencia do BNG. Nas eleccións municipais de 2015 logrou 3 concelleiros, conservando o PP a maioría absoluta con 6 concelleiros.

Nas eleccións municipais de 2019 a formación elixiu como candidato á alcaldía a Xoán Xosé Vicente Franco, conseguindo 2 concelleiros e logrou entrar no goberno municipal en coalición co BNG, con 1 concelleiro, e o PSdeG con 3. Foi escollido como alcalde Xabier Castro Tourís, do PSdeG. Canto ós concelleiros de Unidade Veciñal de Dodro, Xoán Xosé Vicente Franco foi designado concelleiro de cultura e patrimonio e Abel Tarrío Abuín nomeado concelleiro de educación, deportes e emprego.

Nas eleccións municipais de 2023, novamente con Xoán Xosé Vicente como candidato á alcaldía, a formación logrou 2 concelleiros, ó igual que nos comicios anteriores. Non obstante, o PSdeG e Unidade Veciñal de Dodro non logroron acadar un pacto de goberno, no entanto, o PSdeG conseguiu manter alcaldía cos votos a favor de Unidade Veciñal pero gobernando en minoría.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Dodro

Categoría:Dodro Categoría:Partidos políticos de Galicia