Samuel Walton Garman, nado o 5 de xuño de 1843, finado o 30 de setembro de 1927, tamén ortografado "Garmann", como el mesmo ás veces gustaba escribir, foi un naturalista e zoólogo estadounidense. É coñecido prinipalmente como ictiólogo e herpetólogo.

Biografía Garman naceu no Condado de Indiana, Pensilvania, o 5 de xuño de 1843. En 1868 uniuse á expedición ao Oeste Americano con John Wesley Powell. Graduouse na Universidade Normal do Estado de Illinois en 1870, e no ano seguinte era director da Escola Normal do Estado de Mississippi. En 1871, converteuse en profesor de ciencias naturais no Ferry Hall Seminary, Lake Forest, Illinois, e un ano despois foi un alumno especial de Louis Agassiz. Unha ou máis das frases precedentes incorporan texto dunha publicación agora en dominio público: Wilson, J. G.; Fiske, J., eds. (1900). "Garman, Samuel". Appletons' Cyclopædia of American Biography. Nova York: D. Appleton. Foi amigo e correspondente regular do nauralista Edward Drinker Cope e en 1872 acompañouno nunha viaxe na busca de fósiles a Wyoming. En 1870 converteuse en axudante do director de herpetoloxía e ictioloxía do Museo de Zooloxía Comparativa de Harvard. O seu traballo centrábase principalmente na clasificación de peixes, especialmente tiburóns, pero tamén incluía réptiles e anfibios. O Harvard College concedeulle graos honoris causa polo seu traballo científico, B.S. en 1898 e A.M. en 1899.

Mentres traballaba en Harvard, vivía en Arlington Heights, Massachusetts. En 1895, casou con Florence Armstrong de Saint John, Nova Brunswick, coa que tivo unha filla.

Taxons descritos por el Ver Taxons nomeados por Samuel Garman

Taxons nomeados no seu honor

Garman é lembrado no nome científico que se puxo a unha especie de lagarto xamaicano, Anolis garmani. A raia Leucoraja garmani (Whitley, 1939) tamén foi nomeada no seu honor. Diaphus garmani, é o "peixe lanterna de Garman", que se atopa en todo o mundo. Hypostomus garmani é unha especie de siluro da familia Loricariidae nativo de América do Sur, onde vive na cunca do río San Francisco (Brasil).

Publicacións seleccionadas

Notas

Véxase tamén Bibliografía

.

Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1927 Categoría:Herpetólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Ictiólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Zoólogos dos Estados Unidos de América