miniatura|268x268px|Francesc Macià, fundador do partido Esquerra Republicana de Catalunya A proclamación da República Catalá tivo lugar o 14 de abril de 1931, dous días despois das eleccións municipais que deron a maioría a ERC. Foi realizada polo seu líder, Francesc Macià, quen proclamou a República Catalá como estado integrante da autoproposta Confederación Ibérica, referida tamén como Federación Ibérica.
Feitos Arredor das 13:30 do 14 de abril, Lluís Companys, un dos líderes de ERC, que obtivera unha resoante vitoria nas eleccións municipais do día 12 (en Barcelona conseguira 25 concelleiros fronte aos 12 da Lliga Regionalista e aos 12 da candidatura republicana-socialista), saíu ao balcón do Concello de Barcelona, na praza de Sant Jaume, que neses momentos non estaba moi concorrida, para proclamar a República e izar a bandeira republicana.
Proclamación na Casa do Concello Arredor dunha hora despois e desde o mesmo balcón, onde xa ondeaba tamén a senyera, Francesc Macià, o líder de ERC, dirixiuse á multitude concentrada na praza. Proclamou, en nome do pobo de Cataluña, «L'Estat Català, que amb tota la cordialitat procurarem integrar a la Federació de Repúbliques Ibèriques». Así pois, antes de se proclamar a República en Madrid, Macià daba por constituído un Estado catalán e definía a forma de Estado da nova República Ibérica como federal ou confederal.
Proclamacion no Pazo da Generalitat A media tarde Macià dirixíase de novo á multitude, pero esta vez desde o balcón do Palau da Generalitat de Cataluña, entón sede da Deputación de Barcelona, no outro lado da mesma praza. Comunicou que tomara posesión do goberno de Cataluña e afirmou que «d'aquí non ens trauran sino morts» ('de aquí non nos sacarán senón mortos'). A continuación, asinou un manifesto en que proclamaba de novo o «Estat Català» baixo a forma dunha «República Catalá», que pedía aos outros pobos de España a súa colaboración para crear unha «Confederació de Pobles Ibèrics». Desde o Palau da Generalitat o xornalista Antoni Puch Ferrer telefonou á redacción de El Día Gráfico para darlles a noticia: «Macià acaba de proclamar a República Catalá, despois de dicirlle a Maluquer i Viladot, respectuosamente, que sobraba e de colocar a bandeira catalá no balcón. [...] despois de proclamar Companys, a española. Copamos!» esquerda|miniatura|300x300px|Proclamación da Segunda República en Barcelona Unha terceira declaración de Macià, por escrito como a segunda, produciuse a última hora da tarde, cando se soubo que a República fora proclamada en Madrid e o rei Afonso XIII abandonaba o país. Nela, despois de facer referencia ao Pacto de San Sebastián, proclamouse «la República Catalana com Estat integrant de la Federació Ibèrica». En realidade, a actuación de Macià non ía encamiñada a unha ruptura con España, proclamando a independencia, senón a provocar desde unha situación de forza o cumprimento do acordado no pacto de San Sebastián, a concesión inmediata dunha ampla autonomía, que quería federal.
Negociacións co goberno da República A proclamación da República Catalá diferenciada da Española sería o problema máis urxente que terá que resolver o Goberno Provisional republicano. Tres días despois varios ministros do Goberno Provisional viaxaron axiña de Madrid a Barcelona para persuadir a Macià de que abandonase a súa idea e se mostrase favorable á adopción dun estatuto de autonomía promulgado polas Cortes, ao que accedeu.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos República Catalá (1931)
Categoría:Independentismo catalán Categoría:Segunda República Española Categoría:Historia de Cataluña Categoría:1931