miniatura | dereita | Ruínas de Songo Mnara. Songo Mnara é un asentamento histórico suahili situado na illa de Songo Mnara en Pande Mikoma, distrito de Kilwa na rexión de Lindi de Tanzania. A illa alberga unha cidade de pedra medieval de arquitectura suahili. A cidade de pedra estivo ocupada entre os séculos XIV e XVI. Songo Mnara recoñeceuse como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, xunto coa veciña cidade de pedra Kilwa Kisiwani, inscribíronse como as "Ruínas de Kilwa Kisiwani e Songo Mnara". Representan os restos de dous grandes portos comerciais onde, entre os séculos IX e XVI, se intercambiaba ouro e ferro do Gran Cimbabue, escravos e marfil de toda África Oriental por téxtiles, porcelana, xoias e especias de Asia.

En total, os arqueólogos atoparon seis mesquitas, catro cemiterios e dúas ducias de bloques de vivendas, xunto con tres espazos abertos pechados na illa. Songo Mnara construíuse con coral en bruto e mortego. Esta cidade de pedra construíuse como unha das moitas cidades comerciais do océano Índico. O sitio está rexistrado como Sitio Histórico Nacional.

Descrición

As ruínas da illa son as do porto admirado polos primeiros exploradores que chegaron a esta parte do mundo. Entre os séculos XIII e XVI, os comerciantes da illa comerciaban con ouro, prata, perlas, produtos persas e porcelana chinesa da dinastía Song. A maioría das rutas comerciais que cruzaban o océano Índico pasaban pola illa.

As ruínas constan de cinco mesquitas e unha serie de edificios residenciais. Un deles foi descrito como "o palacio" debido ao seu tamaño, aínda que queda moi pouco. Todo o sitio estaba rodeado por unha muralla de construción modesta.

As ruínas de Kilwa Kisiwani e Songo Mnara considéranse fundamentais para comprender a cultura suahili, a illación da costa oriental africana e o estudo do comercio medieval nesta rexión.

Aínda que os riscos de conservación para estes sitios identificáronse xa en 1981, só se engadiron á Lista do Patrimonio Mundial en Perigo en 2004 debido ao colapso de importantes estruturas históricas e arqueolóxicas. Para resolver estes problemas, levouse a cabo un serio programa de conservación no que participaron mesmo os gobernos de Francia e Xapón. En xuño de 2014, a UNESCO retirou estas ruínas da Lista do Patrimonio Mundial en Perigo debido ás melloras na xestión e protección do sitio.}

Galería

Notas

Referencias

Véxase tamén

Outros artigos Patrimonio da Humanidade en Tanzania Ligazóns externas UNESCO – Patrimonio de la Humanidad - Ruinas de Kilwa Kisiwani y Ruinas de Songo Mnara Utalii Viajes - Kilwa Kisiwani

Categoría:Patrimonio da Humanidade en Tanzania