Lepanto ou Naupacto (en grego: Ναύπακτος, transcrito Náfpaktos; en latín: Naupactus) é un municipio e unha cidade de Grecia.

Forma parte da unidade periférica Etolia-Acarnania,En grego Αιτωλοακαρνανία, tr. Etoloakarnanía. na costa norte do estreito que separa o golfo de Patras do golfo de Corinto.

Está situada ao pé do Monte Rigani, de 1472 metros. A cidade antiga estivo rodeada por unha muralla e aínda conserva a súa cidadela veneciana e o seu porto, á súa vez protexido por varias torres da muralla.Guía Total: Grecia p. 20. Juan Ignacio Luca de Tena, Grupo Anaya, 2003.

É coñecida sobre todo pola batalla de Lepanto de 1571, unha das principais batallas navais da Idade Moderna.

Está irmandada coa cidade galega de Pontevedra desde o 10 de outubro de 1981, data na que o pleno municipal aprobou o irmandamento, a proposta da Orde do Mar Océano. En 1986 unha rúa de Pontevedra recibiu o nome de Lepanto como «plasmación do irmandamento» da cidade coa localidade grega.

Topónimo O nome Lepanto, difundido nas linguas románicas occidentais a través do italiano, é un exónimo medieval da cidade coñecida na Antigüidade como Naupactus, forma latina do grego antigo Naupaktos.

A evolución non corresponde a unha transformación fonética frecuente, mais hai casos de oscilación inicial entre n e l, por exemplo en lila<lilac, procedente do persa nīlak, ou a relación entre Nebrissa e o topónimo Lebrija.

Historia

Idade Antiga Despois das guerras médicas, Atenas tomou Lepanto e instalou nela, entre o 456 e o 455 a.C., exiliados mesenios da Terceira guerra mesenia.

Durante a Guerra do Peloponeso (431-404 a. C.) serviu como base naval ateniense antes de ser capturada polos espartanos. Baixo Filipo II de Macedonia, Lepanto pasou a formar parte de Etolia e máis tarde, baixo dominio romano, integrouse en Locrida.

Idade Media No século IX a cidade era a capital do thema bizantino de Nicópole e sede dunha metrópole eclesiástica. Despois de que a cidade pasase á República de Venecia, que construíu poderosas fortificacións, de xeito que en 1477 a cidade resistiu a un exército otomán de 10.000 homes. Pero en 1499 as tropas de Bayezid II conseguiron capturar a cidade.

Idade moderna e contemporánea Nas augas de Lepanto tivo lugar en 1571 a batalla de Lepanto, pero a cidade permaneceu en mans dos turcos durante moitos séculos, agás un breve paréntese veneciano (1678-1699) durante a guerra de Morea.

En marzo de 1829, Lepanto finalmente converteuse en parte da Grecia independente. centro|miniatura|800x800px|Porto de Lepanto.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cidades de Grecia