Taylor Combe, nado o 8 de xuño de 1774 e finado en Londres o 7 de xullo de 1826, foi un numismático e arqueólogo inglés, responsable da colección de moedas e medallas do Museo Británico.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Combe naceu en 1774, o máis vello dos fillos do médico e numismático Charles Combe. Educouse na Harrow School e logo cursou estudos superiores no Oriel College, da Universidade de Oxford, onde se graduou como "bacharel de artes" o 5 de xuño de 1795, e onde acadou o seo mestrado o 10 de xullo de 1798.Wroth, W. W. (1891).Foster, J. (1891).

Numismático e arqueólogo En 1803, acadou un posto no Museo Británico e supervisou a colección de moedas e medallas desa entidade. En 1807, converteuse en encargado do Departamento de Antigüidades, aínda que conservou as moedas baixo a súa supervisión."Taylor Combe". The British Museum (britishmuseum.org). En 1814, foi enviado a Zante para xestionar a adquisición para o Museo do friso do templo de Bassae.

En 1796 ingresou na Sociedade de Anticuarios de Londres, onde supervisou a publicación das derradeiras partes de Vetusta Monumenta e contribuíu con numerosos artigos en Archæologia. En 1823 foi nomeado director desa entidade.

En 1806, Combe foi elixido membro da Royal Society. Entre 1812 e 1824 ocupou nesta sociedade o cargo de secretario, un período durante o cal editou as Philosophical Transactions.

En 1808 casou cunha das fillas do botánico Edward Whitaker Gray, secretario da Royal Society, chamada Elizabeth.

Morte e legado miniatura|262x262px|Medalla en memoria de Taylor Combe (1826), creada por William Joseph Taylor e Benedetto Pistrucci."Medal - Taylor Combe Death". Numista.com Taylor Combe finou en Londres aos 52 anos, o 7 de xullo de 1826, nas instalacións do Museo Británico, logo dunha longa doenza, e foi soterrado o 14 de xullo na cripta familiar no cemiterio de Bloomsbury.

A súa biblioteca de libros clásicos e numismáticos, xunto cunha colección de gravados e algúns dos seus manuscritos, vendéronse nunha poxa organizada por Sotheby's en decembro de 1826.

No mesmo ano do seu falecemento emitiuse unha medalla na súa memoria que amosa o seu busto no anverso e os seus cargos no reverso, deseñada por Benedetto Pistrucci e gravada por W. J. Taylor.

Publicacións (1810). A description of the collection of ancient terracottas in the British Museum. W. Bulmer and Co., Londres. (1812-1826). A description of the collection of ancient marbles in the British Museum. Vol. I. (1812); Vol. II (1815); Vol. III (1818); Vol. IV (1820); Vol. V (1826). Bulmer and Co., Londres. (1814). Veterum populorum et regum numi qui in Museo Britannico adservantur. R. & A. Taylor, Londres. (1826). Description of the Anglo-Gallic Coins in the British Museum. W. Nicol, Londres.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Foster, J. (1891). "Combe, Taylor". En Alumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715-1886. Vol. I. Páxina 283. Parker & Co., Oxford.

Wroth, W. W. (1891). "Combe, Taylor". En Stephen, L. (ed.). Dictionary of National Biography. Vol. 11. Páxina 430. Smith, Elder & Co., Londres.

Outros artigos

Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico

Categoría:Nados en 1774 Categoría:Finados en 1826 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Arqueólogos do Reino Unido Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford CAtegoría:Persoas relacionadas co Museo Británico