Vicente Piñeiro González, nado en Lugo en 1954, é un escritor galego.
Traxectoria Cursou estudos de delineación e topografía, compaxinando o seu traballo coa enxeñería civil e a docencia coa literatura. Colabora asiduamente en diversos xornais (El Progreso, La Voz de Galicia) e revistas (O Bulir, Galicia en Madrid, Xistral, revista da Asociación de Artistas Plásticos Lucenses, Fingoi, El Mirador Lucense, Lugo Cultural ou Poesía Galicia).
Obras Narrativa Antoniño, 1995, Edicións Chaira. O can abandonado e outros relatos, 1997, Edicións Chaira. Os círculos sagrados, 1999, Edicións Chaira. Traducido ao castelán en versión ampliada (2001, Kékeres). A morte dun editor, 2009, Sotelo Blanco. Asasinos, asasinos, asasinos!, 2011, Toxosoutos. A cova do adeus. Libro primeiro das crónicas do país mítico no que sempre chove, 2011, Instituto de Estudos Chairegos.
Poesía Sonetos á xeometría, 1998, Edicións Chaira, 2ª edición publicada polo Concello de Lugo. Guía en verso do Camiño de Santiago dende o Cebreiro ata Compostela, 1998, Edicións Chaira. Ceo e pedra, 2000, Edicións Chaira. Elexías, 2005, Edicións Chaira.
Teatro O político privado e outras escenas de inútiles, 2003, Edicións Chaira. A fraga leda, 2005, Edicións Chaira. Publius Aelius Hadrianus. Emperador de Roma (117-138), 2007, publicado en internet.
Ensaio Arístides de Sousa Mendes. O Schindler portugués, 2017, Toxosoutos.
Obras colectivas Sonetos á Xeometría. Propostas de traballo, 1999, Edicións Chaira. Alma de beiramar, 2003, Espiral Maior. Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Premios Pedrón de Ouro. Premio Modesto R. Figueiredo XXX (2004) e XXXI (2005), 2007, Ediciós do Castro. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
Premios Concurso de poesía de Vilalba no 2003, por Señor, as túas pupilas son moi azuis.
Obra en castelán Poesía Poemas de amor, 1999, Edicións Chaira. Camino Real, 2004, Edicións Chaira. La noche es luminosa por el camino de las estrellas, 2004, Edicións Chaira.
Narrativa Camino Real. Romances y leyendas, Edicións Chaira. De amor y muerte, 2003, Edicións Chaira. El Calabozo, 2009, Edicións Chaira. Adriano. Emperador de Roma. Un delincuente en el siglo XXI, Edicións Chaira.
Literatura infanto-xuvenil Tres cuentos tristes, Edicións Chaira.
Teatro Teatro. Monólogos del pene dichos por mujeres, 2010, Edicións Chaira.
Ensaio ''Guntín, Concello de Guntín. Notas
Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1954