O ácido sacárico, tamén chamado ácido glicárico, é un monosacárido de 6 carbonos pertencente ao grupo dos azucres ácidos aldáricos, que presenta dous grupos carboxilo, un en cada extremo da molécula PubChem compound Glucaric acidChemSpider D-glucaric acid. Os sales e ésteres do ácido sacárico denomínanse sacaratos (ou glicaratos).

Os mamíferos, incluídos os humanos producimos pequenas cantidades de ácido sacárico ou glicárico nas nosas células como produtos finais da vía de síntese do ácido glicurónico. Tamén se atopa en moitas froitas e verduras.

Obtense por oxidación con ácido nítrico da D-glicosa (ou derivados) no seu grupo aldehido do carbono 1 e no seu grupo hidroxilo do carbono 6, orixinando dous grupos COOH.Saccharic acid at Merriam-Webster's Medical Dictionary Pode obterse tamén por biosíntese en bacterias Escherichia coli transxénicas ás que se lle introduciron tres xenes procedentes do lévedo Saccharomyces cerevisiae, de rato e da bacteria Pseudomonas syringae Tae Seok Moon et al. Production of Glucaric Acid from a Synthetic Pathway in Recombinant Escherichia coli. .

En solución acuosa hai un equilibrio entre o ácido sacárico lineal e tres lactonas diferentes que se poden formar, o que foi investigado por resonancia magnética nuclear J. M. Brown. Equilibration of D-Glucaric Acid in Aqueous Solution

O ácido sacárico inhibe a β-glicuronidase M. C. Karunairatnam and G. A. Levvy. The inhibition of β-glucuronidase by saccharic acid and the role of the enzyme in glucuronide synthesis. Biochem J. 1949; 44(5): 599–604. . Investígase o seu potencial uso contra o cáncer, xa que hai unha asociación entre o incremento da actividade da glicuronidase e un maior risco de certos tipos de cáncer Robert Zółtaszek, Margaret Hanausek et al. The biological role of D-glucaric acid and its derivatives: potential use in medicine (2008) PMID 18772850.

A determinación da cantidade de ácido sacárico ou glicárico na urina pode ser un índice da actividade dos encimas microsómicos do fígado, que interveñen na excreción de substancias endóxenas e exóxenas e cuxa actividade se ve influída por diversas drogas, polo que útil no estudo dos efectos de ditas drogas ou de contaminantes tóxicos

Notas

Categoría:Carbohidratos Categoría:Monosacáridos Categoría:Azucres ácidos