2014 é un ano común empezado en mércores segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos Xaneiro 1 de xaneiro: Grecia asume a súa quinta presidencia do Consello da Unión Europea. Ingreso na Eurozona de Letonia. Comeza a venda legal de marihuana con fins recreativos no estado de Colorado, converténdose así no primeiro mercado público de marihuana dos Estados Unidos. A empresa Fiat faise có control total da empresa Chrysler. 4 de xaneiro: Comeza unha nova edición do Rally Dakar, con trazado Rosario - Salta - Valparaíso 20 de xaneiro: Catherine Samba-Panza ocupa de forma interina a presidencia da República Centroafricana, dez días despois da dimisión do presidente Michel Djotodia. 23 de xaneiro: O goberno do Sudán do Sur e as forzas rebeldes firman un alto o fogo no conflito iniciado a mediados de decembro de 2013.
Febreiro miniatura|350px|Países participantes nos XXII Xogos Olímpicos de Inverno 2 de febreiro: Ten lugar a 48ª edición da Super Bowl, celebrada no MetLife Stadium (East Rutherford, Nova Jersey) 7 de febreiro: Comezan os XXII Xogos Olímpicos de Inverno celebrados en Sochi, Rusia, que finalizarán o 23 de febreiro. O Tribunal Constitucional de Alemaña inhíbese en favor do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre a legalidade do anuncio feito polo Banco Central Europeo no verán de 2012 de que mercaría de forma ilimitada débeda pública dos países europeos con problemas económicos, coma España ou Italia. 9 de febreiro: Suíza aproba en referendo restrinxi-lo acceso ao país dos cidadáns da Unión Europea, o que supón o seu abandono de facto do acordo de Schengen. 13 de febreiro: Dimite o ata entón primeiro ministro de Italia, Enrico Letta. Bélxica convírtese no primeiro país do mundo en legalizar a eutanasia para pacientes de calquera idade con doenzas terminais. 22 de febreiro: O presidente da Ucraína Victor Yanukóvich abandona Kíiv e o parlamento aproba a excarcelación de Yulia Timoshenko.
Marzo miniatura|9M-MRO, o aparello perdido no incidente do Voo 370 de Malaysia Airlines 1 de marzo: O Senado ruso autoriza ao presidente Vladimir Putin a empregar as Forzas Armadas rusas en Ucraína. 2 de marzo: Celébrase a 86ª edición dos Oscar no Teatro Dolby dos Ánxeles, Estados Unidos de América. 7 de marzo: Comezan a 10ª edición dos Xogos suramericanos en Santiago de Chile. 8 de marzo: Voo 370 de Malaysia Airlines: Desaparece un avión de Malaysia Airlines con 239 pasaxeiros a bordo. Cinco países do sueste asiático comezan un operativo de busca entre as augas de Malaisia e Vietnam. 11 de marzo: O parlamento de Libia destitúe ao primeiro ministro Ali Zeidan, quen abandona o país ao día seguinte."El desgobierno en Libia convierte al país en un polvorín sobre un pozo de petróleo", El País, 14 de marzo de 2014. 19 de marzo: O Parlamento europeo aproba a creación do Fondo Único de Resolución para a liquidación ou reestruturación dos bancos europeos con problemas, dotado con 55 000 millóns de euros."Europa apuntala la unión bancaria", El País, 20 de marzo de 2014. 21 de marzo: En Turquía o primeiro ministro Recep Tayyip Erdogan ordena bloquear a rede social Twitter."Golpe de Erdogan contra las redes sociales", El País, 22 de marzo de 2014 O Tribunal Constitucional de Tailandia anula as eleccións lexislativas do 2 de febreiro."El Constitucional anula los comicios de febrero", La Vanguardia, 22 de marzo de 2014. 23 de marzo: A Forza Aérea Turca derriba un avión sirio acusado de violar o seu espazo aéreo. 24 de marzo – Rusia é suspendida temporalmente do G8 nunha reunión de emerxencia dos restantes países membros do grupo.
Abril
3 de abril: O goberno de Malí anuncia o descubrimento no seu país de tres casos sospeitosos de febres hemorráxicas asociadas ao virus Ébola."El Ébola se extiende a Malí y pone en alerta al aeropuerto de París", El País, 5 de abril de 2014. 6 de abril: Eleccións lexislativas en Hungría, nas que o partido Fidesz de Viktor Orbán renova a maioría no parlamento."Victor Orban consolida su poder sobre Hungría en las urnas", El País, 7 de abril de 2014. 7 de abril: Microsoft deixa de dar soporte oficialmente para Windows XP SP3 e Office 2003. 10 de abril: Un sismo de 6,2° sacode os departamentos de León e Managua en Nicaragua. 19 de abril: Un meteorito impacta no oeste de Rusia sen que se produzan danos materiais.Hubo un destello se ha producido en la localidad de Murmansk, cerca de la frontera con Finlandia. ABC, 20 de abril de 2014 23 de abril: Al Fatah e Hamás anuncian o fin do conflito que mantiñan dende 2007 e a próxima formación dun goberno de unidade palestina encabezado por Mahmud Abbas, líder de Al Fatah e presidente da Autoridade Nacional Palestina (ANP)."Los partidos palestinos Al Fatah y Hamás anuncian su reconciliación", El País, 24 de abril de 2014. 27 de abril: A Igrexa católica canoniza aos papas Xoán XXIII e Xoán Paulo II. 29 de abril: Ten lugar unha eclipse solar anular.
Maio miniatura|Busto de Xosé María Díaz Castro nos Vilares, Guitiriz 5 de maio: A Organización Mundial da Saúde identifica o avance da poliomielite en 10 países coma unha emerxencia sanitaria mundial. Militantes de Boko Haram matan a unhas 300 persoas nun ataque en Gamboru Ngala. 8 de maio: O ANC revalida a maioría absoluta nas eleccións xerais de Suráfrica."El partido de Mandela revalida la mayoría absoluta", El País, 9 de maio de 2014. 10 de maio: Final do Festival de Eurovisión 2014 en Dinamarca, gañado por Austria có tema Rise Like a Phoenix de Conchita Wurst. 13 de maio: Un accidente mineiro en Turquía causa 300 mortos, dando lugar a protestas pola falta de seguridade nas minas de todo o país."La tragedia minera reabre la fuerte fractura social de Turquía", El País, 18 de maio de 2014. 17 de maio: Día das letras galegas, dedicado ó poeta Xosé María Díaz Castro. 18 de maio: Ten lugar un asalto ao parlamento de Libia encabezado polo xeneral antiislamista Jalifa Hifter."Un general libio contra el islamismo", El País, 25 de maio de 2014. 26 de maio: Narendra Modi toma posesión coma primeiro ministro da India, trala vitoria do seu partido, o BJP, nas eleccións xerais dese ano."Modi: 'Voy a trabajar sin miedo ni odio y voy a hacer justicia para todos'", El País, 27 de maio de 2014.
Xuño miniatura|dereita|Filipe VI de España 3 de xuño: Sony anuncia o cesamento das vendas da PSP. 5 de xuño: O presidente do Banco Central Europeo Mario Draghi anuncia un plan para reactiva-la economía europea e facer fronte ao risco de deflación."El BCE inyectará 400.000 millones de euros para reactivar el crédito", El País, 6 de xuño de 2014. O grupo militante sunnita denominado Estado Islámico do Iraq e o Levante (coñecido coma ISIS) comeza unha ofensiva polo norte de Iraq intentando captura-la capital de Bagdad e dar un golpe de estado derrocando ao primeiro ministro Nouri al-Maliki. 12 de xuño: Comeza no Brasil a 20ª Copa Mundial de Fútbol. 19 de xuño: O Rei Xoán Carlos I de España abdica no seu fillo Filipe VI de España."Las Cortes prevén proclamar a Felipe VI como rey de España el 18 de junio", "La Vanguardia", 8 de junio de 2014. 21 de xuño: Rexístranse manifestacións en España ao redor de cada un dos 17 parlamentos autonómicos en contra dos recortes económicos.Miles de personas rodean parlamentos autonómicos contra los recortes y la pobreza. Consultado el 21 de xuño de 2014 (20minutos de España). A UNESCO outorga á Rede Viaria Inca a designación de Patrimonio Cultural da Humanidade, na 38ª reunión do seu comité celebrado en Doha (Qatar).Unesco declara el Camino del Inca como Patrimonio de la Humanidad. Consultado el 23 de xuño de 2014 (BBC Mundo). 27 de xuño: NCG Banco muda a marca Novagalicia Banco por ABANCA. 28 de xuño: celébrase o centenario do asasinato do arquiduque Francisco Fernando de Austria que desencadearía a primeira guerra mundial.
Xullo miniatura|280px|Alemaña celebrando a vitoria na final da Copa Mundial de Fútbol de 2014 4 de xullo: O parlamento de Rusia condona o 90% da débeda contraída con Cuba coa extinta Unión Soviética, que ascendía a 35 000 millóns de dólares."Rusia condona a Cuba el 90% de la deuda de los tiempos de la URSS", El País, 6 de xullo de 2014. 5 de xullo: Unha avioneta estrélase na cidade polaca de Częstochowa cun resultado de 11 persoas falecidas e unha ferida.Al menos once muertos al estrellarse una avioneta en el suroeste de Polonia. 20minutos 6 de xullo: Logran escapar 63 mulleres das 68 que foran secuestradas polo grupo terrorista Boko Haram en xuño na localidade de Damboa en Nixeria.Escapan 63 mujeres y niñas secuestradas en junio por Boko Haram. Lainformación 9 de xullo: Investigadores das universidades de Pensilvania, Colorado e Brandon atopan no Parque Provincial de Driftwood Canyon (Columbia Británica) fósiles de ourizos arcaicos pertencentes ao período Eoceno, que reciben a denominación de Silvacola acares.Hallan fósiles de mamíferos tropicales en Canadá. Consultado el 12 de xullo de 2014 El Economista 13 de xullo: Alemaña gaña na final da Copa Mundial de Fútbol de 2014 a Arxentina cun resultado de 1-0 no tempo engadido. 15 de xullo: O goberno colombiano e as FARC reanudan os diálogos de paz tralas eleccións presidenciais no país.Gobierno y FARC retoman diálogos el 15 de julio en La Habana. TerraColombia. 17 de xullo: O Voo 17 de Malaysia Airlines estrélase na cidade ucraína de Grabovo tras ser derribado por un mísil, resultando no falecemento de 298 persoas. 18 de xullo: O parlamento de Xeorxia ratifica o Acordo de Asociación coa Unión Europea que firmara o 27 de xuño.El Parlamento de Georgia ratificará el acuerdo con la UE la próxima semana. РИА Новости. 23 de xullo: O Voo 222 de TransAsia Airways, con destino a Magong (Taiwán), estrélase nas Illas Pescadores ao tentar unha aterraxe de emerxencia. 48 persoas morreron no accidente e 10 resultaron feridas. 24 de xullo: Estrélase ao norte de Malí o Voo 5017 de Air Algérie, que partira do aeroporto de Uagadugú en Burkina Faso con destino ao aeroporto Internacional Houari Boumedienne de Alxer. 26 de xullo: Pedro Sánchez é elixido coma secretario xeral do Partido Socialista Obrero Español.
Agosto 6 de agosto: A sonda espacial Rosetta fai contacto có cometa 67P/Churyumov–Gerasimenko a uns 405 millóns de quilómetros da Terra e comeza as súas manobras de aproximación. 16 de agosto: Comezan os II Xogos Olímpicos da Xuventude en Nanjing, China. 20 de agosto: Descóbrese unha comunidade bacteriana nun lago subglacial na Antártida cun número aproximado de 4 000 especies distintas 31 de agosto: Unha erupción do volcán Bardarbunga en Islandia levanta a alerta vermella en todo o país.
Setembro
Outubro
Novembro 9 de novembro: Celébrase a Consulta sobre a independencia de Cataluña.
Decembro
Mortes
Premios Nobel Premio Nobel de Física: Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura, pola invención dos LEDs de luz azul. Premio Nobel de Química: Eric Betzig, Stefan Hell e William Moerner, polo desenvolvemento da microscopia de superresoulción. Premio Nobel de Medicina: John O'Keefe, May-Britt Moser e Edvard Moser, polos seus descubrimentos en células do sistema de localización no cerebro. Premio Nobel de Literatura: Patrick Modiano, novelista francés. Premio Nobel da Paz: Kailash Satyarthi e Malala Yousafzai, pola defensa dos dereitos do menor á educación. Premio Nobel de Economía: Jean Tirole, pola súa análise do poder de mercado e regulación do mercado.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia ano a ano