Manuel Silva Ferreiro, nado en Santa Cruz de Ribadulla (Vedra) en 1896 e finado en Santiago de Compostela en 1969, foi un sacerdote e escritor galego.
Traxectoria miniatura|175px|Galicia, voto en cortes. Doutorouse en Teoloxía e Dereito canónico pola Universidade Pontificia Compostelá, na que desempeñou as cátedras de Cosmoloxía, Psicoloxía e Ética. Foi cóengo da catedral de Santiago de Compostela. Exerceu os cargos de fiscal xeral do arcebispado e consiliario da Escola Nocturna de Obreiros e das Xuventudes Universitarias de Acción Católica. Colaborou na prensa galega e revistas diocesanas e estatais sobre temas de carácter histórico, é coñecido polo seu libro Galicia y el Movimiento Nacional.
Obras Galicia voto en Cortes, 1925. Galicia y el Movimiento Nacional, 1938.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Vedra Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1969