A tempada 2005-2006 da División de Honra B foi a oitava edición da segunda división da liga de rugby de España, creada en 1998 pola Federación Española de Rugby. Formato de competición Nesta edición o número de participantes mantívose en dezaseis, e o formato de competición non tivo trocos. O torneo contou con dous grupos de oito equipos cada un. O "Grupo 1" estivo formado por oito equipos da metade norte de España, mentres que o "Grupo 2" estivo formado por oito equipos da metade sur de España, cos equipos de Madrid e Valencia repartidos entre os dous grupos.
Cada grupo funcionou como unha competición independente cunha única fase de liga regular, trala cal os dous primeiros equipos da táboa acadaron o dereito a disputar unha fase de ascenso á División de Honra cos dous primeiros equipos do outro grupo. Por outra banda, o peor equipo de cada grupo perdeu a categoría de xeito directo, e o penúltimo tivo que disputar unha eliminatoria de promoción pola permanencia contra equipos da Primeira Nacional.
A liga regular contou con 14 xornadas divididas en dúas voltas nas que cada equipo xogou dúas veces contra cada rival do seu grupo, unha vez como local e outra como visitante, usando por vez primeira o novo sistema de puntuación: catro puntos por vitoria, dous por empate, e puntos "bonus" adicionais no caso de anotar catro ensaios ou máis e no caso de perder por sete puntos ou menos.
Fase de liga regular Grupo 1 PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPCB 1º. C.R. Cisneros66 14 14 0 0 419 133 10 2º. Vigo R.C. 46 14 9 0 5 284 247 10 3º. Gernika R.T. 40 14 8 0 6 335 321 8 4º. Hernani C.R.E. 29 14 6 0 8 234 332 5 5º. C.A.U. Valencia 27 14 5 1 8 257 319 5 6º. Durango R.T. 25 14 4 0 10 271 301 9 7º. Oviedo R.C. 24 14 5 1 8 246 383 2 8º. R.C. L'Hospitalet 23 14 4 0 10 288 298 7 Grupo 2 PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPCB 1º. C.R.C. Pozuelo65 14 13 0 1 81 140 13 2º. C.R. Les Abelles 61 14 12 1 1 552 223 11 3º. C.R.A. Portuense 38 14 8 0 6 286 344 6 4º. C.D.U. Málaga 32 14 6 1 7 280 369 6 5º. C.D.U. Sevilla 31 14 6 1 7 318 364 5 6º. C.R.A. Portuense 24 14 5 0 9 266 396 4 7º. C.A.R. 23 14 4 1 9 228 421 5 8º. C.D. Arquitectura 3 14 0 0 14 189 672 3
Posicións de promoción de ascenso (1º e 2º). Posición de promoción de permanencia (7º). Posición de descenso directo (8º).
PX - Partidos xogadosPG - Partidos gañadosPE - Partidos empatadosPP - Partidos perdidos
PF - Puntos a favorPC - Puntos en contraB - Puntos bonus
Fase de ascenso SemifinaisFinal '''C.R. Cisneros '''19 '''21 C.R. Les Abelles '''15 '''14 C.R. Cisneros'''18 '''C.R.C. Pozuelo'''40 '''C.R.C. Pozuelo '''26 '''57 Vigo R.C. '''12 '''16 O campión da categoría foi o C.R.C. Pozuelo, que acadou o ascenso á División de Honra co finalista C.R. Cisneros. Véxase tamén Ligazóns externas Resultados das competicións nacionais 2005-2006 Outros artigos División de Honra de Rugby 2005-2006
Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 2005 Categoría:Rugby en 2006