O Club Deportivo Black Ravens Fútbol Americano, tamén coñecido como Santiago Black Ravens (corvos negros de Santiago), é o equipo de fútbol americano de Santiago de Compostela. Historia En 2009 dous dos clubs pioneiros deste deporte en Galicia, os Teo Black Thunder e os Coruña Towers, xuntan as súas forzas para competir como Galiza Black Towers na nova Liga Portuguesa de Futebol Americano (LPFA) convidados polo presidente da Associação Portuguesa de Futebol Americano creada ese ano, nun momento no que ningún dos clubs podería facelo por separado, participando nas tres primeiras tempadas (2010, 2011 e 2012). En 2012, por mor do nacemento da Liga Galega de Fútbol Americano, os dous clubs deron por rematada esta colaboración temporal, e algúns membros dos Black Towers quixeron darlle continuidade a este proxecto en Santiago de Compostela baixo unha nova denominación: Black Ravens.

Os Black Ravens foron inscritos no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia (CIF: G70339809) en 2012 e participaron nas seguintes dúas tempadas (2013 e 2014) da LPFA, debutando o 13 de xaneiro de 2013 e acadando apenas unha vitoria en catorce xornadas. Tamén participaron nas primeiras cinco edicións da Liga Galega de Fútbol Americano (LGFA) que conquistaron en catro ocasións, cedendo tan só a cuarta edición que gañou o equipo coruñés dos Towers.

En 2017, despois de dúas participacións na Liga Portuguesa e cinco participacións na Liga Galega, os Black Ravens foron aceptados na expansión da Liga Nacional de Fútbol Americano, a máxima categoría deste deporte en España, debutando na LNFA 2018 o 13 de xaneiro de 2018.

Competicións Liga Portuguesa de Fútbol Americano TempadaXog.Gañ.Emp.Per.Posición 2013 6 0 0 6 6º - Grupo Norte 2014 8 1 0 7 6º - Grupo Norte Liga Galega de Fútbol Americano TempadaXog.Gañ.Emp.Per.Posición 2013 3 3 0 0 Campións 2014 6 6 0 0 Campións 2015 6 5 0 1 Campións 2016 6 5 0 1 Subcampións 2017 6 5 0 1 Campións Liga Nacional de Fútbol Americano TempadaXog.Gañ.Emp.Per.Posición 2018 8 0 0 8 14º - Descenso

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial dos Black Ravens Outros artigos

Categoría:Deporte en Santiago de Compostela Categoría:Equipos de fútbol americano de Galicia