María Rosario Aida Méndez Miaja, nada en Santiago de Compostela o 17 de xuño de 1930, é unha científica galega.

Traxectoria En xuño de 1956 presentou a súa tese de doutoramento Contribución al estudio de los alcaloides en los Adenocarpus, dirixida por Ignacio Ribas Marqués, unha das primeiras teses lidas na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela.

Traballou no Instituto Nacional de Química y Física (Edificio Rockefeller) en Madrid e no Instituto de Productos Lácteos do CSIC en Arganda del Rey. En 1991 foi nomeada como funcionaria de carreira da escala de Profesores de Investigación do CSIC, no Instituto de Estudos Avanzados das Illas Baleares (Palma).

Destacou polas súas publicacións no ámbito da bibliometría en España.

Obras Dinámica de la investigación multidisciplinar sobre nuevos materiales en España: un análisis bibliométrico (CINDOC, 1993). ISBN 8400073452

Véxase tamén Bibliografía (2015): As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960 Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia.

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1930 Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes