miniatura|250px|dereita|Memoria de posicións NMEA 0183
A norma NMEA 0183 é un estándar internacional que define a interface e o protocolo de transmisión de datos entre dispositivos electrónicos de navegación. Foi editada pola NMEA, acrónimo en inglés para National Marine Electronics Association, organización de comercio electrónico.
Creación A NMEA crea en 1983 a única interface estándar para a comunicación dixital en electrónica marítima. Dr. Robert Freeman, enxeñeiro de sistemas de autoguiado, foi o responsábel do primeiro borrador do estándar. Hoxe o NMEA 0183 é comunmente aceptado entre os fabricantes de electrónica de navegación, non só na industria marítima senón tamén na automoción, aeronáutica ou servizos de ecolocalización. A NMEA traballou ata conseguir o selo de aprobación da Comisión Electrotécnica Internacional da Unión Europea. A industria progresa cara a unha transición cara ao novo NMEA 2000."Historia da NMEA" "Ano de creación e historia da NMEA"
Descrición dos sinais
Os sinais recollidos no estándar aceptan as seguintes mensaxes,
IdentificadorDefinición 1- $GPBOD Inclúe rumbo, orixe e destino. 2- $GPBWC Inclúe rumbo, distancia até o waypoint, punto de referencia e o círculo máximo. 3- $GPGGA Inclúe información GPS fixa. 4- $GPGLL Inclúe posición xeográfica latitude / lonxitude 5- $GPGSA Inclúe posición GPS DOT e satélites activos 6- $GPGSV Inclúe satélites GPS á vista 7- $GPHDT Inclúe rumbo e un booleano de seguridade. 8- $GPR00 Inclúe a lista de waypoints en activo na ruta tomada. 8- $GPRMA Inclúe o número recomendado mínimo de posicións transmitidas en baixa frecuencia Loran-C. 8- $GPRMB Inclúe a información mínima recomendada para a navegación. 8- $GPRMC Inclúe a información mínima recomendada para o tránsito específico GPS. 8- $GPRTE Inclúe as rutas. 8- $GPXTE Inclúe a información mínima recomendada para a navegación. 8- $GPZDA Inclúe data e tempo."Descripción das mensaxes NMEA 0183"
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Satélites Sistema Galileo GPS
Categoría:Xeografía Categoría:Tecnoloxía