O non teísmo é unha definición que se refire as correntes espirituais ou filosóficas que non discorren ou mencionan a crenza nun Deus creador ou absoluto. Diferénciase do ateísmo no que os non teístas poden aceptarhttp://www.sacred-texts.com/jai/sbe22/index.htm conceptos espirituais como a crenza en entidades superiores ou espíritos, aínda que estes son vistos xeralmente como seres non absolutos que evolucionan e cambian. O filósofo Anthony Kenny distingue os agnósticos, que atopan a premisa «Deus existe» descoñecida, dos non cognotivistas (os non teístas).
Algúns sistemas de crenzas non teístas son o budismo, o xainismo, o taoísmo e o confucianismo. Aínda que o budismo ten un vasto número de escrituras e prácticas, o núcleo do mesmo, as Catro nobres verdades e o Nobre camiño óctuple, son distinguidas no mundo por non ter mención algunha de deuses ou algunha noción de veneración. Son puramente éticas meditativas e directrices baseadas nas verdades do sufrimento psicolóxico debido á impermanencia.
Algúns pensadores tenden a cualificar a ensinanza budista como agnóstica por presuntamente "non negar nin aceptar a existencia dun Deus creador". Certamente, diferentes textos budistas deixan implícito que Gautama Buda negaba a existencia dun Deus creador, polo que o budismo non podería ser considerado agnóstico. Exemplo desta negación dunha divindade creadora pode verse no Brahmajala-sutra.
Algo similar acontece co xainismo, relixión moi achegada ao budismo, que de xeito análogo nega expresamente a crenza nun deus creador.Soni, Jayandra; E. Craig (Ed.) (1998). "Jain Philosophy". Routledge Encyclopedia of Philosophy (London: Routledge). .
Aínda que o budismo e o xainismo son consideradas relixións non teístas, estas si aceptan a crenza en realidades espirituais, como o renacemento, os milagres e o karma, e na existencia de seres espirituais, como espíritos e deidades. En resumo, ambas non poden considerarse ateístas (ao aceptar, por exemplo, esa existencia de deuses, malia non ser vistos como creadores) nin agnósticas (ao aceptar como certa a crenza en conceptos espirituais como o karma). En xeral, budistas e xainistas non renden culto aos deuses que son vistos como de natureza non permanente. As súas deidades son seres iluminados que alcanzaron a Iluminación, como os Tirthankar e os Budas, o seu trato a estes difire moito do concepto tradicional occidental de deidade.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Animismo Ateísmo Monoteísmo Politeísmo
Bibliografía "The Reasoner", New Series, No. VIII. 115, . Chodron, Pema (2002). When Things Fall Apart. Shambhala Publications, Inc. pp. 39f. ISBN 1-57062-969-2, . A New Christianity for a New World: Why Traditional Faith Is Dying and How a New Faith Is Being Born, ISBN 0-06-067063-0, . Tillich, Paul. (1951) Systematic Theology, p. 205, . Sidney Hook, "The Atheism of Paul Tillich", in Religious Experience and Truth: A Symposium ed. Sidney Hook. (New York University Press, 1961), . B. Alan Wallace, Contemplative Science. Columbia University Press, 2007, páxinas 97-98, . Nhat Hanh, Thich (1991). Old Path White Clouds: walking in the footsteps of the Buddha. Parallax Press. pp. 299. ISBN 0-938077-26-0, . Braverman, Arthur (2002). Mud and Water: The Teachings of Zen Master Bassui. Wisdom Publications. pp. 56. ISBN 0-86171-320-6, .
Categoría:Non teísmo Categoría:Teísmos