O Angel Stadium of Anaheim, orixinariamente chamado Anaheim Stadium e posteriormente Edison International Field of Anaheim, é un parque de béisbol situado en Anaheim, California (Estados Unidos). Desde a súa apertura serve como estadio local de Los Angeles Angels da Major League Baseball (MLB). Entre 1980 e 1994 tamén albergou os partidos locais de Los Angeles Rams da National Football League (NFL). O estadio é popularmente coñecido como The Big A (do inglés: A Grande A), alcume acuñado polo xornalista deportivo Bud Furillo. O Angel Stadium é o cuarto estadio en activo máis antigo da MLB, só por dertás do Fenway Park de Boston, o Wrigley Field de Chicago e o Dodger Stadium dos Ánxeles. Entre outros eventos, albergou os All-Star da MLB de 1967, 1989 e 2010.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Anaheim Los Angeles Angels
Ligazóns externas Páxina web do estadio en mlb.com/angels Angel Stadium of Anaheim Seating Chart
Categoría:Los Angeles Angels Categoría:Estadios da MLB Categoría:Deporte en Anaheim Categoría:Arquitectura en California