Ariana DeBose, nada en Wilmington, Carolina do Norte, o 25 de xaneiro de 1991, é unha actriz, cantante e bailarina estadounidense. Na 94ª edición dos Premios Oscar, gañou unha estatuíña á mellor actriz secundaria, e máis tamén un premio BAFTA, un Globo de Ouro e o Premio da Crítica Cinematográfica, igualmente na categoría de actriz secundaria, polo papel de Anita na adaptación cinematográfica de West Side Story, dirixida por Steven Spielberg en 2021.
Traxectoria Primeiros anos DeBose naceu en Carolina do Norte. A súa nai, Gina DeBose, é profesora. DeBose aprendeu danza no CC & Co. Dance Complex de Raleigh, Carolina do Norte. O seu pai é afroportorriqueño e a súa nai é branca. DeBose dixo: "Eu preséntome como negra e teño ascendencia afroamericana, mais tamén son en parte italiana".
Carreira DBose foi descuberta en 2009, cando participou no reality show So You Think You Can Dance, chegando ao "Top 20". Máis tarde, apareceu na novela One Life to Live e interpretou a Inez na produción do North Carolina Theatre de Hairspray antes de ser contratada para o papel de Nautica na produción de Bring It On do Alliance Theatre de 2011. Tamén apareceu no elenco da produción da Orquestra Filharmónica de Nova York de Company, que foi filmada para a televisión. No final de 2011, Bring It On comezou unha xira nacional polos Estados Unidos. DeBose continuou o seu papel na produción de Broadway de 2012, e foi substituta da personaxe Danielle.
Co lanzamento da súa carreira, DeBose interpretou a Mary Wilson en Motown en Broadway en 2013 e como substituta do papel de Diana Ross. DeBose deixou a obra posteriormente para interpretar a Eponine nunha produción rexional de Les Misérables antes de volver a Broadway como unha nobre e xogadora no musical Pippin e substituíndo a protagonista, papel que acabou por asumir durante un curto período en 2014.
Hamilton DeBose deixou Pippin para aparecer como Bullet no espectáculo off-Broadway Hamilton no inicio de 2015. O show pasou a Broadway no final daquel ano e converteuse nunha súbita sensación. Foi candidta ao premio Astaire pola súa danza na obra.
A Bronx Tale e Summer: The Donna Summer Musical DeBose deixou Hamilton en xullo de 2016 e fixo unha aparición especial na serie de televisión Blue Bloods como Sophia Ortiz, e protagonizou como Daphne o filme de suspense Seaside. Volveu a Broadway en novembro de 2016 como Jane en A Bronx Tale ata agosto de 2017. Tamén presentou o correspondente vlog de Broadway.com, Bronx Bullet, durante oito semanas.
DeBose pasou a interpretar o papel de Disco Donna en Summer: The Donna Summer Musical en San Diego no La Jolla Playhouse no final de 2017. Repetiu o papel en Broadway, estreándoo en abril de 2018. Recibiu unha candidatura ao Tony de 2018 á mellor actriz de musical. Tamén apareceu con frecuencia no 54 Below.
DeBose interpretou a Alyssa Greene na adaptación cinematográfica de The Prom e a Anita na adaptación cinematográfica de 2021 de West Side Story. Por este último papel recibiu o Óscar á mellor actriz secundaria.
En febreiro de 2021, anunciouse que interpretaría a Kira Foster no filme I.S.S.
Filmografía
Teatro AnoObraPersonaxeLugar2011Bring It OnNautica, u/s DanielleAlliance TheatreNational Tour2012St. James Theatre2013Motown: The MusicalElenco, Mary Wilson, u/s Diana RossLunt-Fontanne Theatre2014PippinMúsic principal (u/s, després substitut)Music Box Theatre2015Hamilton: An American MusicalRepartiment (The Bullet)The Public TheaterRichard Rodgers Theatre2016A Bronx TaleJaneLongacre Theatre2017Summer: The Donna Summer MusicalDisco DonnaLa Jolla Playhouse2018Lunt-Fontanne Theatre
Cinema AnoObraPersonaxeNotas2018SeasideDaphne2020HamiltonEnsemble/The BulletThe PromAlyssa Greene2021West Side StoryAnitaTBAI.S.S.Kira FosterPosproduciónTBAArgylleEn rodaxe
Televisión AnoObraPersonaxeNotas2016Blue BloodsSophia OrtizEpisodio: "The Road to Hell"Hamilton's AmericaEla mesmaDocumental de televisión2021Schmigadoon!Emma Tate
Premios e nomeamentos AnoPremiosCategoríaTraballoResultado2016Premios AstaireMellor elenco dunha produción de BroadwayHamiltonNomeada2018Premios TonyMellor actriz secundaria dun musicalSummer: The Donna Summer MusicalNomeadaPremios Drama LeagueMellor actuaciónNomeadaPremios Chita RiveraMellor bailarina nunha produción de BroadwayGañadora2022Alianza de Mulleres Periodistas de CineMellor actuación rompedora do anoWest Side StoryNomeadaAsociación de críticos de cine de AustinMellor actriz secundariaNomeadaAsociación de críticos de cine de ChicagoMellor actriz secundariaNomeadaAsociación de Críticos de Cine de Dallas-Fort WorthMellor actriz secundariaGañadoraAsociación de Críticos de Cine de DetroitMellor actriz secundariaGañadoraAsociación de Críticos de Cine de FloridaMellor actriz secundariaGañadoraAsociación de Críticos de Cine de XeorxiaMellor actriz secundariaGañadoraAsociación de Críticos de Cine dos ÁnxelesMellor actriz secundariaGañadoraPremios da Crítica CinematográficaMellor actriz secundariaGañadoraMellor elencoNomeadaPremios ÓscarMellor actriz secundariaGañadoraPremios Globo de OuroMellor actriz secundariaGañadoraPremios do Sindicato de ActoresMellor actriz secundariaGañadoraPremios BAFTAMellor actriz secundariaGañadora
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados no condado de New Hanover, Carolina do Norte Categoría:Nados en 1991 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Carolina do Norte Categoría:Cantantes dos Estados Unidos de América Categoría:Bailaríns Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana Categoría:Estadounidenses de ascendencia portorriqueña