Gonçalo Mendes Paciência, nado no Porto o 1 de agosto de 1994, é un futbolista portugués. Xoga de dienteiro e o seu equipo é o Real Club Celta de Vigo da Primeira División de fútbol española.
O seu pai é o exfutbolista Domingos Paciência.
Traxectoria Clubs Comezou a adestrar na canteira do FC Porto, onde debutou en 2014. Posteriormente foi cedido a varios equipos da liga portuguesa, así coma ao Olympiacos FC de Grecia. Tamén xogou nos equipos alemáns FC Schalke 04 e Eintracht Fráncfort.
O 6 de agosto de 2022 oficializouse a súa fichaxe polo RC Celta, cun contrato até xuño de 2025.
Selección nacional O 14 de novembro de 2017 debutou coa selección de Portugal contra os Estados Unidos.
Palmarés Títulos nacionais Título Club País AnoSuperliga de GreciaOlympiacos F. C.2017Primeira LigaF. C. Porto2018
Títulos internacionais Título Club Sede AnoLiga Europa da UEFAEintracht Fráncfort (Sevilla)2022
Notas
Véxase tamén Outros artigos Domingos Paciência FC Porto RC Celta de Vigo Ligazóns externas Gonçalo Paciência Perfil de Gonçalo Paciência en Transfermarkt.
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados no Porto Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo