Enola Holmes 2 é un filme británico-estadounidense de 2022 dirixido por Harry Bradbeer. É a secuela do filme de 2020 Enola Holmes, que tamén está protagonizado por Millie Bobby Brown, que interpreta á irmá adolescente do famoso detective vitoriano Sherlock Holmes. O guión foi escrito por Jack Thorne e baséase na novela The Enola Holmes Mysteries de Nancy Springer. O resto do elenco está composto por Henry Cavill, Louis Partridge, Susie Wokoma, Adeel Akhtar e Helena Bonham Carter nos seus papeis do filme anterior, xunto con David Thewlis e Sharon Duncan-Brewster como as novas incorporacións.

A rodaxe comezou en outono de 2021 e rematou en xaneiro de 2022. Enola Holmes 2 estreouse o 4 de novembro de 2022 a través de Netflix, onde conta con versión subtitulada en galego. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica.

Personaxes

Millie Bobby Brown como Enola Holmes Sofia Stavrinou como Enola de nena Henry Cavill como Sherlock Holmes John Parshall como Sherlock de mozo David Thewlis como Grail Louis Partridge como Tewkesbury Susie Wokoma como Edith Adeel Akhtar como Lestrade Sharon Duncan-Brewster como Mira Troy Helena Bonham Carter como Eudoria Holmes Himesh Patel como Dr. Watson Hannah Dodd como Sarah Chapman / Cicely Abbie Hern como Mae Róisín Monaghan como Hilda Lyon Gabriel Tierney como William Lyon David Westhead como Henry Lyon Tim McMullan como Charles McIntyre Lee Boardman como Mr. Bill Crouch Serrana Su-Ling Bliss como Bessie Chapman

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Legendary Pictures Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes sobre irmáns Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego