Shin'ichi Sakuraki (en ), nado en 1953, é un numismático xaponés, profesor universitario e autor de diversos estudos sobre a historia da moeda xaponesa e doutros países orientais.

Traxectoria Sakuraki cursou estudos superiores de Comercio na Universidade de Keiō entre 1973 e 1977, e posteriormente un mestrado en Comercio, entre 1977 e 1979. En 2010 acadou o doutoramento en Historia pola mesma universidade."教員情報 - 櫻木 晋一 | 学校法人朝日大学". gyoseki.asahi-u.ac.jp

Xunto a Nobuhisa Furuta e Lyce Jankowski, Sakuraki catalogou a colección de moedas de Asia oriental no Museo Ashmolean, e tamén doou material ao Museo Fitzwilliam."Details for Sakuraki, Shinichi". The Fitzwilliam Museum. Cambridge. Ademais, o seu traballo sobre a moeda xaponesa anterior á era Meiji no Museo Británico,"Catalogue of the Japanese Coin Collection (pre-Meiji) at the British Museum (with special reference to Kutsuki Masatsuna ". The British Museum (Britishmuseum.uk).Véxase (2010) en "Publicacións". en edición bilingüe en inglés e xaponés, foi descrito como de "inconmensurable utilidade para os eruditos e os coleccionistas que non len xaponés".Crafter, T. (2012). "Review of Catalogue of the Japanese Coin Collection (pre-Meiji) at the British Museum: With Special Reference to Kutsuki Masatsuna. (British Museum Research Publication No. 174)". En Journal of the Royal Asiatic Society. Vol 22. Nº 2. Páxinas 484-486.

Entre 1999 e 2018, Sakuraki foi profesor na Facultade de Economía da Universidade de Shimonoseki, e en 2019 comezou a impartir docencia no departamento de Administración de Empresas da Universidade de Asahi."Sakuraki Shinichi  櫻木 晋一". En Kaken Researcher (Nrid.nii.ac.jp).

Entre 2020 e 2024, Sakuraki participou nun proxecto de elaboración dun inventario de moedas xaponesas antigas a partir dos materiais conservados en museos de Europa. Tamén formou parte dunha rede de investigadores que estudaro achados monetarios no norte de Vietnam.Kikuchi, Y. (2021). A History of Maritime Trade in Northern Vietnam, 12th to 18th Centuries: Archaeological Investigations in Vandon and Phohien. Springer. Páxina 7. ISBN 978-981-16-4633-1

Sakuraki participou no XVI Congreso Internacional de Numismática celebrado en Varsovia en 2022, cun relatorio acerca das moedas xaponesas do Museo Nacional de Dinamarca.XVI International Numismatic Congress in Warsaw. Book of Abstracts. International Numismatic Council. 2022. Páxina 131.

Recoñecementos 2023: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.

Escolma de publicacións (2002). "New Developments in Japanese Numismatic History". En Amandry , M. et al. A Survey of Numismatic Research 2002-2007. International Numismatic Commission, Glasgow. Páxinas 578-581. (2005). Kaheinimiru Dynamism: Ou Chu Nichi Hikakuno Shitenkara (Dynamism in Coinage: Europe, China and Japan, Comparative Viewpoints), Dai 12 kai Shutsudosenkakenkyukai Houkokuyoushi in Fukuoka 2005 / Proceedings of the 12th Conference of the Coin Finds Research Group held in Fukuoka 2005. Ed. Shinichi Sakuraki, Fukuoka (bilingüe en xaponés e inglés)

(2010). Catalogue of the Japanese Coin Collection (pre-Meiji) at the British Museum (con H. Wang, J. Cribb et al.). British Museum. ISBN 978-0861591749 "British Museum publishes Catalogue of the Japanese Coin Collection". En Coins Weekly. 12 de abril de 2011.

Notas

Categoría:Numismáticos do Xapón Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Alumnos da Universidade Keiō