Javier Llabrés Expósito, nado en Inca o 11 de setembro de 2002, é un futbolista español que xoga como extremo esquerdo no Eldense, da Segunda División, cedido polo Mallorca.

Traxectoria Formado como futbolista na canteira do Mallorca, debutou co filial o 29 de novembro de 2020, nun partido da Terceira División ante o CF Sant Rafel.

Tras facerse coa titularidade no Mallorca B, o 1 de decembro de 2021 debutou co primeiro equipo nun partido da Copa do Rei ante a Gimnástica Segoviana.

O seu debut na Primeira División produciuse o 2 de xaneiro de 2022, substituíndo a Lee Kang-in nunha derrota por 0-1 na casa ante o FC Barcelona. Tres días despois repartiu dúas asistencias na vitoria por 2-1 ante o Eibar que clasificou ao Mallorca para os oitavos de final da Copa do Rei.

Na primeira metade da tempada 2022/23 só dispuxo de 16 minutos de xogo, polo que en xaneiro de 2023 saíu cedido ao Mirandés, da Segunda División. O 17 de xaneiro de 2025 saíu cedido de novo a Segunda, desta vez ao Eldense. Notas

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Mallorca Categoría:Futbolistas das Illas Baleares Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do RCD Mallorca B Categoría:Xogadores do RCD Mallorca Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do CD Eldense