miniatura|A colocación da espiral na trompa de Falopio. Essure, método Essure ou de obstrucción tubárica é un método anticonceptivo permanente, sen hormonas, baseado na inserción dun dispositivo intratubárico sen incisións cirúrxicas, a través da vaxina dunha muller. O dispositivo produce unha inflamación localizada na trompa de tal maneira que oclúe o paso de espermatozoides e a natureza da inflamación fai que o procedemento sexa irreversible. Debido ás polémicas sobre os efectos secundarios adversos, Bayer tivo que deter a comercialización do produto para finais do 2018.

En Galiza hai unha Asociación de Afectadas do Essure na Galiza, presidida por Sabela Landín, e unhas 1.600 mulleres que levan anos padecendo os efectos secundarios deste dispositivo, retirado do mercado en 2019.

Notas

Categoría:Xinecoloxía