Odilo Fernández Freire, nado en Barbadás cara a 1903 e finado en Ourense o 7 de marzo de 1938, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria Carpinteiro, veciño de Sobrado do Bispo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 10 de xuño de 1937 e ingresou na Prisión Provincial de Ourense. Encartado na causa 33/37, foi xulgado en consello de guerra en Ourense o 29 de xullo de 1937 xunto con Benigno Álvarez López, Odilo Balado Iglesias, Celso Carballo Rodríguez, Leovigildo Carril Freire, Luis Cristelo Nóvoa, Camilo Cruz Masid, Teófilo e Juan Fernández Canal, Modesto Gallego González, Antonio Fernández Soto, Eladio Ferro Rodríguez, Pío Forneiro Martínez, Antonio Gallego Rodicio, Castor Iglesias Gil, Benjamín Outomuro Calviño, Eduardo Piñeiro Canal e os irmáns Anselmo e Francisco Rodríguez Congil,El Pueblo Gallego, 14-8-1937, p. 9. e condenado a pena de morte. Foi fusilado no Campo de Aragón o 7 de marzo de 1938 xunto con José Luis Delgado Núñez, José María Cid Nóvoa, Eduardo Piñeiro Canal, Ramón Vázquez Rodríguez, Modesto Gallego González, Leovigildo Carril Freire e Castor Iglesias Gil.El Correo Gallego, 11-3-1938, p. 4.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Expediente persoal do recluso Odilo Fernández Freire
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Barbadás Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1938