Iida Turpeinen, nada en 1987, é unha escritora e académica finesa, coñecida polos seus contos e, en especial, pola súa novela Elolliset (en ).

Traxectoria Cando nena, a súa nai traballaba nun centro medioambiental insular preto da costa meridional de Finlandia. Turpeinen foi alí bolseira namentres estudaba a secundaria, recollendo mostras de auga para o seu estudo e xestionando as poboacións de aves da illa. Posteriormente, estudou Literatura na Universidade de Helsinqui.

A data de 2025 realiza estudos de doutoramento na súa alma máter, centrándose na relación entre literatura e pensamento científico.

Obra En 2023 publicou a súa primeira novela, Elolliset, que foi un éxito comercial e entre a crítica. A obra recorre diferentes épocas para narrar o descubrimento da vaca mariña de Steller e os seus ecos en séculos posteriores. O libro gañou o premio literario Helsingin Sanomat e quedou finalista do premio Finlandia. Foi traducido a numerosas linguas, entre elas o inglés e o castelán.

Traducións En castelán La bestia del mar (2025). Tradución de Luisa Gutiérrez Ruiz. Seix Barral. .

En portugués A Existência da Vida (2025). Tradución de Diogo Paiva. Livros do Brasil. .

Notas

Categoría:Escritores de Finlandia Categoría:Nados en 1987