Joshua McMorrow-Hernandez, nado en Tampa, Florida, o 2 de maio de 1981, é un autor numismático estadounidense.

Traxectoria McMorrow-Hernandez naceu en 1981 en Tampa, Florida, e cursou os seus estudos superiores no Hillsborough Community College e logo na Universidade do Sur de California, onde se licenciou en 2010Smith, P. (2025). en Lingua Inglesa."Joshua McMorrow-Hernandez". 83debreesmedia.com

Xa a partir de 2007, dedicouse de xeito autónomo á escritura sobre asuntos numismáticos en diversas revistas especializadas dos EEUU, como COINage,"Joshua McMorrow-Hernandez". Coinagemag.com Coin Week"McMorrow-Hernández". Coinweek.com e outras, e tamén publicou varias monografías sobre esta disciplina. Estas publicacións fiérono merecedor de varios premios outorgados polo Numismatic Literary Guild, como o de mellor escritor revelación (2015), mellor artigo sobre moedas (2016) e mellor artigo sobre papel moeda (2017)."Joshua McMorrow-Hernandez". Gainesville Coins (gainesvillecoins.com).

Nos seus escritos aborda tamén temas non numismáticos relativos fundamentalmente á historia de Tampa, con artigos publicados en xornais como The Tampa Bay Times ou The Providence Journal.

Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por McMorrow-Hernandez ao longo da súa traxectoria:

Sobre numismática

(2018). Images of America: The United States Mint in Philadelphia. Arcadia Pub. ISBN 978-1-4671-2919-0 (2022). A Guide Book of American Silver Eagles. Whitman Pub. ISBN 978-0794849795

Sobre Tampa

(2013). Images of America: Tampa's Carrollwood. Arcadia Pub. ISBN 978-1-4671-1080-8

(2015). Images of Modern America: Tampa Bay Landmarks and Destinations. Arcadia Pub. ISBN 978-1-4671-1366-3 (2017). Images of Modern America: Busch Gardens Tampa Bay. Arcadia Pub. ISBN 978-1-4671-2495-9 (2021). Images of America: Tampa's Westshore. Arcadia Pub. ISBN 978-1-4671-0696-2

Novela

(2004). The Valley of Curiosity. Author Solutions Incorporated. ISBN 9780595309382

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Smith, P. (2025). "McMorrow-Hernandez, Joshua ". En American Numismatic Biographies. Páxina 292.

Ligazóns externas

Sitio web de Joshua McMorrow-Hernandez

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Tampa Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade do Sur de Florida Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Personalidades sen imaxes