alt=This pair of pages shows printed entries in a Bullet Journal. The left-hand page shows a variety of progress bars indicating the amount of work completed on different tasks. The right-hand page shows typical bullet journal notation using bullet points (•) for incomplete tasks, exes (x) for completed tasks, and right-facing angle brackets (>) for "migrated" tasks moved to this list from another list. The right-hand page also includes a list of appointments for one week, listed by day and time.|miniatura|272x272px|Exemplo dunha páxina do bullet journal, con algúns dos apuntamentos máis frecuentes. Un bullet journal (tamén coñecido como BuJo) é un método de organización persoal analóxico desenvolto polo deseñador de produtos dixitais Ryder Carroll.

O sistema do bullet journal é empregado para organizar a xestión do tempo, a chuvia de ideas (o brainstorming), a toma de notas, a escritura de diarios e outras actividades de organización e produtividade, todo nun único caderno. O nome, bullet journal, derívase do uso de bullet points (viñetas) para apuntar información, pero en parte tamén do uso de cadernos punteados, que se forman empregando puntos no canto de liñas ou cadrados. Deuse a coñecer no 2013.Sigler, Jennifer Leigh. "First Comes Love: Ritual and Domesticity in the Aspirational Leisure-Labor Economy of the 21st Century." Southern Illinois University at Carbondale, 2019. Ann Arbor: Proquest. Web. 20 de novembro de 2019.

O bullet journal ten un deseño versátil, e pode organizarse de moitos xeitos distintos dependendo da finalidade do usuario. O diario está pensado para apuntar hábitos ou tarefas a longo prazo, sobre os que o autor pode despois reflexionar. O uso do bullet journal asóciase a unha ampla variedade de efectos na saúde mental e no autocoidado.

Historia Ryder Carroll comezou a buscar un método simple de organización persoal na universidade, a finais da década de 1990. De cativo fora diagnosticado cun trastorno por déficit de atención, e buscaba un sistema que lle axudara a «superar as súas dificultades de aprendizaxe». Para cando se graduou da universidade, tiña xa elaborado o método do bullet journal. Un amigo animouno a compartir o seu método, co que o publicou en liña no 2013.

Obtivo popularidade nas redes sociales, conseguindo $80.000 nun Kickstarter destinado a crear unha comunidade en liña centralizada. Para decembro do 2018 fora o asunto de máis de 3 millóns de publicacións de Instagram. Carroll impartiu unha charla TED (TED talk) no evento de 2017 TEDxYale, que se titulou «Como despexar a túa mente: leva un diario». Carroll tamén publicou un libro acerca do sistema, The Bullet Journal Method, no 2018. O método foi influenciado polas experiencias de Carroll como deseñador de aplicacións, páxinas web e videoxogos, así como polo seu interese nos libros de recortes.

Composición O bullet journal está deseñado para ser un caderno que se poida empregar como soporte para a reflexión sobre varios pensamentos e experiencias vitais. Pode empregarse como unha ferramenta de organización, para levar rexistro de tarefas, notas, compromisos e reunións. Tamén se pode empregar como un medio para a reflexión, como un diario que rexistre hábitos e o estado de ánimo, ademais dun soporte de expresión para dibuxos, citas ou cores.

Elementos Os bullet journals poden estruturarse de varios xeitos, o que contribúe á súa utilidade, aínda que por isto mesmo tamén corre o risco de resultar máis intimidante para comezar. É flexible para que os usuarios o pidan modificar segundo as súas necesidades. O método precisa dun lapis ou bolígrafo e dun caderno, pero tamén pode incluír rotuladores, adhesivos, etc. Hai cadernos comercializados deseñados especificamente para este tipo de diarios, pero non resultan imprescindibles. Dende a introdución do bullet journal a súa popularidade contribuíu a un incremento nos produtos de papelaría, como cadernos e bolígrafos.

Hai moitas estruturas básicas no deseño dun bullet journal, pero as máis habituais inclúen rexistros diarios, futuros e mensuais. O rexistro diario recolle as tarefas, reunións e reflexións de cada día, que se edita logo de ser escrito. Con frecuencia este tipo de rexistro ocupa a maior parte do diario, e emprégase para facer un seguimento dos hábitos e dos cambios. O rexistro mensual é un lugar para a planificación a medio-longo prazo, ou os acontecementos importantes de cada mes, e o rexistro futuro con frecuencia emprégase para proxectos a longo prazo, que poden tardar varios meses ou anos en completarse. miniatura|Exemplo dun bullet journal, que emprega cinta, cores, eventos e citas. Moitos diarios tamén inclúen un índice, que con frecuencia se sitúan ao comezo ou ao final do caderno. O índice provée información relevante, proxectos ou días escritos no diario, así como as páxinas que lles corresponden. Ademais, con frecuencia ao comezo do caderno escríbese unha relación de símbolos, formas e cores coas que ler o diario.

Estilos Dende a introdución do bullet journal orixinal, o termo creceu ata encompasar unha ampla variedade de estilos. Algúns diarios empregan unha gran variedade de cores, fotografías e palabras, pois o usuario pode pasar abundante tempo cada día deseñando, mentres que outros son máis minimalistas e requiren só duns poucos minutos cada día. Poden atoparse deseños nos que inspirarse en case calquera rede social, pero a flexibilidade do diario permite que cada persoa poida adaptarlo ás súas preferencias.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial (en inglés)

Categoría:Xestión