Andrew Gifford, nado en Bristol, Inglaterra o 17 de agosto de 1700 e finado en Londres o 19 de xuño de 1784, foi un ministro baptista, bibliotecario, anticuario e numismático inglés.Dezobry, L. C.; Bachelet, T. (1888).
Traxectoria
Primeiros anos e formación Andrew Gifford naceu en 1700 en Bristol,Cathcart, W. (ed.). (1881). fillo de Emanuel Gifford"Gifford, Andrew, Dd". McClintock and Strong Biblical Cyclopedia (biblicalcyclopedia.com). e neto de Andrew Gifford, ambos ministros baptistas nesa cidade. Estudou na academia de Samuel Jones en Tewkesbury, e logo continuou a súa formación durante un tempo baixo a dirección do doutor John Ward, no Gresham College, de Londres.
Labor relixioso Realizou traballo ministerial en Nottingham en 1725 e foi asistente do seu pai en Bristol en 1726. En decembro de 1729, trasladouse a Londres como pastor da igrexa de Little Wild Street. Tamén foi capelán do político e bibliófilo Richard Ellys, e logo do pasamento deste, da súa viúva, de 1731 a 1745. En 1754 recibiu o título de Divinitatis doctor na Universidade de Aberdeen.Stephen, L. (ed.) (1890).
Publicáronse dous dos seus sermóns, un en 1734 sobre "o gran trebón de 1703", e o outro dez días antes da súa morte, titulado "Á Sociedade Amiga".
Erudito e numismático Gifford era coleccionista de moedas, e tiña un gran coñecemento de numismática. Formaba parte da Sociedade de Anticuarios de Londres, para a que en 1763 editou a obra en dous volumes "Folkes' Tables of English Silver and Gold Coins. A súa erudición en antigüidades e numismática, xunto coas súas relacións con homes poderosos mantidas durante a súa capelanía de Ellys, levárono a ser nomeado bibliotecario axudante no Museo Británico en 1757,"Andrew Gifford". The British Museum (britishmuseum.org). un posto que ocupou o resto da súa vida.
A súa colección persoal de moedas foi adquirida polo rei Xurxo II para a destinar ao seu gabinete privado, e Gifford cedeu ao Bristol Baptist College unha importante colección de libros, manuscritos, imaxes e curiosidades.
Vida persoal e morte Andrew Gifford casou en dúas ocasións. A súa segunda esposa, Grace Paynter, coa que casou en 1737, deixoulle en herdanza unha gran fortuna ao morrer sen descendencia en 1762.
Gifford finou en Londres o 19 de xuño de 1784, e foi soterrado no cemiterio Bunhill Fields, ao norte da Cidade de Londres."An Elegy on Andrew Gifford". Biblicalstudies.org.uk. Páxina 54.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Cathcart, W. (ed.). (1881). "Andrew Gifford, D. D.". En The Baptist Encyclopedia. Páxina 451. Dezobry, L. C.; Bachelet, T. (1888). "Gifford (André)". En Dictionnaire général de biographie et d'histoire. Vol. 1. Páxina 1249. Stephen, L. (ed.) (1890). "Gifford, Andrew". En Dictionary of National Biography. Vol. 21. Smith, Elder & Co., Londres.
Categoría:Nados en 1700 Categoría:Finados en 1784 Categoría:Nados en Bristol Categoría:Pastores baptistas Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Coleccionistas