Xosé Porto Matalobos, nado na Estrada o 7 de xuño de 1927 e finado no mesmo concello o 12 de maio de 2009, foi un escritor, xornalista, dinamizador cultural galego, e procurador dos tribunais.
Traxectoria Fillo de Perfecto Porto Fraiz. Naceu nunha casa da rúa Fernando Conde, o seu pai chegou a ser concelleiro durante a Segunda República.
Poeta e narrador. Dedicado vocacionalmente á música galega, en especial á tradicional e popular, foi cronista da Estrada, e dinamizador de múltiples iniciativas na súa vila natal. Colaborou en La Noche e Faro de Vigo, foi vogal do Pedrón de Ouro e membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, así como da Real Academia Galega. Exerceu tamén o xornalismo en radio e televisión. Foi un dos fundadores de Radio Estrada a finais da década de 1950, e foi correspondente da Cadena SER na zona baixo os pseudónimos de Pedro da Laxe e Pepe da Rocha. Finou na Estada o 13 de maio de 2009."A Estrada despide hoxe a Xosé Porto Matalobos, galeguista, académico e cronista radiofónico", artigo en La Voz de Galicia, 14 de maio de 2009.
Vida persoal
Casou en Sabrexo con Socorro Taboada Ruza en 1956,La Noche, 4-6-1956, p. 5. e foi pai de José Andrés Porto Taboada.La Noche, 22-4-1957, p. 4.
Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes