Isabel Greenberg, nada en 1988, é unha galardoada novelista gráfica e ilustradora.
O seu primeiro libro, The Encyclopedia of Early Earth, foi publicado en 2013 por Jonathan Cape no Reino Unido e pola Random House no Canadá....http://www.isabelnecessary.com/The-Encyclopedia-of-Early-Earth...
Traxectoria Greenberg publicou en The Guardian, The Observer, The New York Times e Nobrow Press.
En 2013, foi un/ha dos/as 20 principais deseñadores/as gráficos e ilustradores que participaron na exposición no Memory Palace no Victoria and Albert Museum, patrocinado por Sky Arts. Unha peza orixinal de ficción de Hari Kunzru foi transformada nunha novela gráfica sen barreiras'.
En 2014, foi seleccionada como Pick Me Up en Somerset House...http://www.somersethouse.org.uk/visual-arts/pick-me-up-2014/pick-me-up-selects...
Traballou con Chatham Dockyard, Tyntesfield House e con The Museum of Marco Polo.
The Observer/Cape/Comica Graphic Short Story Prize Entrou por primeira vez no premio en 2009 quedando na segunda posición.
Entrou de novo en 2011 e gañou...https://www.theguardian.com/books/2011/nov/06/observer-graphic-short-story-prize-greenberg... con Love in a Very Cold Climate. Nunha historia de amor sobre un Nord, un habitante do polo norte e un Suit, un habitante do polo sur, que nunca pode tocar.
The Encyclopedia of Early Earth A primeira novela gráfica de Greenberg, The Encyclopedia of Early Earth, é unha serie de historias entrelazadas ambientadas en Early Earth, onde tamén se ambientou o seu relato curto premiado. Rachel Cooke, facendo a recensión deste libro en The Guardian, dixo "o seu libro marabilloso xa se sente como un clásico" e comparouna con Tove Jansson. Foi traducida ao alemán, ao castelán e ao francés.
En 2016, Greenberg publicou a súa segunda novela gráfica, The One Hundred Nights of Hero.
Vida persoal Greenberg estudou ilustración na Brighton School of Art.
Greenberg actualmente vive en Londres, Inglaterra.
Na Galiza En 2019 foi convidada a participar no Festival Viñetas desde o Atlántico.
Notas
Categoría:Personalidades da banda deseñada Categoría:Nados en 1988