Nicos Anastasiades (en ), nado o 27 de setembro de 1946, é un político chipriota, líder do conservador Reagrupamento Democrático (DISY) e Presidente do seu país dende o 1 de marzo de 2013.
Carreira política Anastasiades foi elixido membro da Cámara de Representantes de Chipre en 1981 e é líder do seu partido dende o 8 de xuño de 1997.
Campaña presidencial de 2013 Durante as eleccións presidenciais en Chipre de 2013, Anastasiades baseou a súa campaña electoral na promesa de volver conducir a Chipre pola senda europea, no medio dunha crise financeira e bancaria producida, en parte, polo desastre económico sufrido por Grecia.
Gañou a primeira rolda das eleccións cun 45,46% dos votos e conseguiu o 57,5% na segunda rolda.
O seu principal rival foi o candidato comunista Stávros Malás.
Presidencia de Chipre Durante o seu mandato Anastisiades deberá facer fronte a varios desafíos:
Pactar o rescate para o país, sumido nunha profunda crise e moi ligado á debilitada economía grega. Negociar a posible reunificación da illa, dividida entre grecochipriotas e turcochipriotas dende a invasión do norte da illa por Turquía en 1974.
Unha das medidas de maior transcendencia produciuse tras só quince días no goberno, cando se fixo público o 16 de marzo de 2013 un rescate financeiro, negociado entre a Unión Europea e o goberno de Anastasiades, que incluía unha penalización próxima ó 7% dos depósitos bancarios, o cal produciu numerosas reaccións en toda Europa.
Vida privada Casado con Andri Moustakoudes, son pais de dúas fillas: Elsa e Ino Anastasiades.
Notas
Categoría:Nados en 1946 Categoría:Alumnos da Universidade de Atenas Categoría:Políticos de Chipre Categoría:Presidentes de Chipre